CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
25 de junio de 2020
CAMBADOS PARTICIPA NUN CONCURSO DA TVG. NECESITA OS TEUS VOTOS
Tralo éxito da pasada edición e o triunfo do barrio de Canido en Ferrol, no Fun Polo Aire buscamos ao que será o mellor barrio de Galicia do 2020. Levamos meses ofrecéndolles o mellor de 13 dos principais barrios do país.
Chegou o momento de mollarse!
Presume de Barrio!
Aquí pode votar por Cambados, A única opción que ofrece é Casco vello de Cambados. Con esta elección non haberá disputas entre os tres barrios históricos de Cambados, San Tomé, Fefiñáns e Cambados.
Para votar preme na seguinte ligazón
13 de septiembre de 2019
AXUDAS A VIVENDA PARA XÓVENES, AXUDAS UNIVERSITARIAS E CURSOS CELGA
a) Ser titular dun contrato de alugamento de vivenda, en condición de persoa arrendataria, con mención expresa da súa referencia catastral.
b) Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude desta axuda.
A Consellería de Educación convoca axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2019/20.b) Ter rematados os estudos universitarios que dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2017.
c) Estar matriculado no curso académico 2019/20 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
d) Non estar incluídas nos casos de exención total de matrícula.
e) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.
Contía da axuda:A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial
As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED421A
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2019 e en orientacion.sug@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es
As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED421A
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2019 e en orientacion.sug@edu.xunta.
http://www.edu.xunta.es
O tema será “a autoestima”
A extensión das obras será de cincocentas (500) palabras como máximo -incluído o título-.
As obras estarán escritas en galego.
Os textos deberán ser orixinais e non ser publicados en ningún medio ou soporte. Non poderán recibir previamente ningún premio ou accésit noutro certame ou concurso.
Os orixinais das obras presentaranse unicamente en formato dixital.
O nome dos arquivos adxuntos terá a seguinte composición:
1- Para o relato: título do relato
2- Para a plica: título do relato_plica
Para o relato: Atardeceres
Para a plica: Atardeceres_plica
O arquivo coa plica incluirá: título, pseudónimo, nome e apelidos, domicilio completo, fotocopia do DNI ou do pasaporte, teléfono e dirección de correo electrónico.
A organización non manterá correspondencia cos participantes no certame.
Primeiro Premio: Tablet
Segundo Premio: Drone
Terceiro Premio: Altofalante
13 de agosto de 2019
VARIOS CERTAMES PARA XÓVENES ARTISTAS
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de agosto de 2019.
Máis información no BOE do 1 de agosto de 2019 e en
http://www.educacionyfp.gob.
| 6 anexos — Descargar todos os anexos | |||
| |||
| |||
| |||
| |||
| |||
| |||
| talleres creativos.docx 160K Ver en formato HTML Descargar |
| campos voluntariado en Islandia.docx 283K Ver en formato HTML Descargar |
| formación cooperativismo.docx 232K Ver en formato HTML Descargar |
| master OL.pdf 497K Ver en formato HTML Descargar |
| TRIPTICO_Máster OL_definitivo.pdf 282K Ver en formato HTML Descargar |
6 de mayo de 2019
CONCURSO DE CARTEIS DA FESTA DO ALBARIÑO 2019
Neste ano 2019 a Festa do Viño Albariño encontrarase na súa LXVII edición e será por primeira vez considerada como Festa de Interese Internacional. Desde a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados tentouse recuperar desde o primeiro momento deste mandato o histórico concurso de carteis que viña definindo e divulgando a imaxe da festa por todo o mundo. Foi ademais unha forma de recuperar un aspecto importante deste evento como é a participación cidadá na creación da imaxe da festa. Así cada ano se presentan a este concurso unha media de 100 propostas maioritariamente de novos deseñadores, tanto procedentes do noso concello como de diferentes puntos do Estado. Estes últimos catro anos puidemos ver diferentes e variadas mostras do que a xente interpreta e define como a gran festa do viño galego máis significativo e que mellor describe a nosa comarca.
De novo o concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, presenta esta edición do concurso de carteis que promocionará a festa do ano 2019 co aliciente de que deste concurso sairá o cartel da primeira Festa do Albariño coa catalogación de Festa de Interese Internacional.
Adxuntos
bases festa albariño 2019 (2 MB)
8 de marzo de 2019
XA PODES VOTAR POLA FESTA DO ALBARIÑO COMO A MELLOR FESTA DE ESPAÑA
E como sempre A festa do Albariño de Cambados é unha das que sempre están na cabeza da clasificación. para votar tes que estar rexistrado na web e podes votar a nosa festa directamente neste enlace https://www.las7mejores.com/festivals/fiesta-del-vino-albarino Desde las7mejores buscan entre todos as festas a máis atractivas de España, non as máis mediáticas. Sabedores da cultura que desprende cada unha delas, aprender e compartila enriquécenos. Non todas as festas están na televisión e con todo teñen miles de seguidores que fan que estas sexan grandes. Desde las7mejores queren atopar a que máis cor, alegría, vida e felicidade desprende, sen esquecer a cultura que desprenden e enriquece, e como non a Festa do Albariño de Cambados é unha delas.
7 de marzo de 2019
SABELA TRIGO NECESITA O APOIO DE TODOS.
So tes que picar no enlace e votar.
A súa voz necesita os teus votos para chegar a fase final e que todos en españa poidan escoitala.
Deixámosvos unha canción interpretada por Sabela para que teñades unha idea de como canta.
Enlace: http://ganacontuvoz.com/inicio/listado-canciones/c-3-vigo?fbclid=IwAR0MEi2DhqRqK7Xx6sWEW8XQ5UxJZ3KvT5xgIrKC-DIiDq58JDQtaoEtB24
Ao entrar tedes que buscar no posto 111 pois a lista de artistas vai por orde alfabética.
Nestes intres está no posto 38 por votos, e compite con xente moi boa tamén e de poboacións máis grandes polo que todos os votos son máis que necesarios.
Informánnos de que hai outra cambadesa participando tamén no concurso. Trátase de Alba Viñas que está no número 5 por orde alfabético e no posto 43 con 372 votos.
Podedes votar polas duas cambadesas pero so unha de cada vez.
O enlace para votar é o mesmo que puxemos máis arriba.
Abaixo a canción de Alba.
SORTE AS DUAS!!!
14 de agosto de 2018
CASTING NO GROVE PARA O SALNÉS PARA O PROGRAMA DA TVG "TI VERÁS"
A semana que ven o programa TI VERÁS da TVG estará en O Grove facendo un casting para concursar no programa. Desde a produtora do programa mandan un aviso á veciñanza do Salnés. O único requisito para participar é ser maior de idade e ir en parella.
Ti verás é un concurso diario presentado por Rodrigo Vázquez que combina unha aditiva dinámica de xogo e o aspecto máis humano e interactivo do 'talk show'. As parellas concursantes deben responder correctamente 8 preguntas e abrir 8 das 10 bonecas rusas xigantes para conseguir a maior cantidade de cartos posibles. Dentro de cada boneca pode haber ata cinco máis ou pode non haber ningunha. Cantas máis bonecas garden as matrioskas no seu interior, maior será a cuantía dos cartos en xogo. Se seguen abrindo e non hai boneca, perderán todo o gañado. Para poder xogar cunha boneca e realizar a primeira apertura deben escoller unha categoría entre dez posibles temas e seleccionar a opción correcta entre verdadeiro ou falso.
9 de mayo de 2018
GUSTAVO REY ACADA UN IMPORTANTE PAPEL NO CAMPIONATO INTERNACIONAL
O cambadés Gustavo Rey non puido alcanzar un posto no podio no Campionato de Tiraje de Cerveza Estrella Galicia, que onte celebrou a súa primeira Final Internacional no Salón de Gourmets de Madrid. O gañador deste certame Internacional Beer Master Sessions foi David Tena López, gañador do Certame de Estremadura. A subcampioa foi Davinia Martínez, recentemente coroada como Mellor Tiradora de Cervexa de España e como terceiro finalista Óscar de Toro, gañador do Certame de Galicia.
Gustavo Rey tivo unha moi boa participación xa que quedara segundo nos Campionatos Nacional e Galego tras a segunda e o terceiro respectivamente neste Campionato Internacional.
Neste campionato participaban os 5 finalistas da Gran Final Nacional celabrada o luns xunto con 2 participantes seleccionados de Reino Unido, 3 máis de Portugal e o Campión do certame de Brasil. Todos tiveron que enfrontarse a dúas roldas de tiraje de servizo de cana con Estrella Galicia Especial e servizo de botella con Estrella Galicia Especial, 1906 Reserva Especial e 1906 Red Vintage.
O xurado do campionato estivo composto por profesionais cervexeiros, hostaleiros e gastronómicos seleccionados baixo criterios de profesionalidade e experiencia establecidos por Estrela Galicia.
O campión levouse un Bono regalo de viaxe valorado en 1.200€, o subcampión outro de 800€ e o terceiro clasificado un de 500€.20 de abril de 2018
BASES PARA O CONCURSO DE CARTEIS DA LXV FESTA DO ALBARIÑO 2018
- Os orixinais deberán ser inéditos e deben ser presentados en soporte dixital: Gravados en alta resolución nun CD (lexible en PC) en formato editable de PDF.
- Poderán realizarse con calquera técnica pictórica,fotográfica,informática,etc.
- Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas poderán ser admitidos no soporte físico no que se realice.
- O tamaño no que se presentará será de 297,00 mm por 420,00 mm (Din A3).
- Deixarase unha franxa no pé do cartel de 80 mm coa finalidade de poder engadir logotipos. · Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras.
- Os traballos serán presentados ou enviados (con xustificante de Correos) nas dependencias da Concellería de Cultura do Concello de Cambados (Praza do Concello s/n 36630 Cambados – Pontevedra).
- A temática, aínda que libre, debe reflectir o que simboliza a Festa do Albariño para Cambados. Valorarase positivamente a creatividade,a orixinalidade e a inclusión de expoñentes da cultura e do patrimonio relacionado co viño e a vila.
- A obra premiada e todos os seus dereitos pasarán a ser propiedade do Concello de Cambados, que poderá así mesmo reproducir as obras finalistas.
- Os carteis participantes serán expostos para o xurado, medios de comunicación e público en xeral.
- O texto incluido no cartel deberá ser:
- Ao menor indicio de plaxio as obras serán descualificadas.








