Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de mayo de 2020

FEIJÓO LAVA AS MANS COMA PONCIO PILATOS

Dadas as dúbidas sobre os núcleos de poboación exentos das restricións de mobilidade por franxas horarias, a Fegamp solicitou á Xunta de Galicia que aclarase de forma máis concreta os requisitos para o levantamento de ditas limitacións. En resposta a petición, o Goberno autonómico traslada os listados, se ben delega nos alcaldes e alcaldesas a decisión de manter as restricións nalgunhas parroquias de menos de 5.000 habitantes que non garden unha mínima separación cos cascos urbanos, ao ter sido absorbidos na práctica pola expansión urbanística. Do mesmo xeito, podería decidir a exención das suxeicións ás franxas horarias naqueles núcleos que, aínda pertencendo a parroquias de máis de 5.000 habitantes, estiveran o suficientemente separados do resto da poboación.
Ou sexa que o inútil de Feijóo leva semanas pedindo que sexa a comunidade autónma quen teña máis peso nas decisións e no momento que se lle cede esa potestade deixa en más dos concello as decisións?
-Os alcaldes poderán manter as restricións nalgunhas parroquias que nos seus inicios eran rurais pero que foron absorbidas urbanisticamente polo casco urbán. -Tamén poderán decidir a exención de franxas horarias nos núcleos que, aínda estando en parroquias de máis de 5.000 habitantes, estean o suficientemente separados
Que datos manexa un concello para poder decidir que parroquias están en condicións ou non de dar o paso á liberdade de horarios.
É o propio Goberno galego o que tiña que definir que núcleos de poboación axústanse a este criterio, para que llo comunicara aos concellos interesados para que poidan axustar a aplicación da Orde sobre horarios. Así o fixo pero desvinculouse de futuras decisións. E os concello serán quenes prohiban a núcleos menores de 5000 habitantes a liberdade de horarios en base a criterios que se poden cumprir ou non dependendo das zonas.

Nesto prodúcese unha paradoxa. A aldea de Aralde pertence administrativa a Vilagarcía de Arousa pero en termos de parroquia pertence a Caleiro (Vilanova). Quen decide si cumpre ou non os requisitos?
Atendendo aos requisitos cecáis a parroquia de San Mamede de Corbillón ao non ter unha delimitación clara está pegada ao Cambados e limita con San Miguel (Vilanova) polo que o número de 5.000 quédase corto.
Si hai un aumento de casos tras tomar estas medidas a quen imos culpar a Concellos ou a Xunta?
A Xunta leva semanas acusando ao goberno de Sánchez de non ter en conta as autonomías, porque desde que está a pedir esta medida non pideu aos concellos a información precisa para establecer que parroquias ou núcleos de poboación podían dar o salto a liberdade horaria?
Segundo a Xunta, enténdese que os alcaldes son os mellores coñecedores para adoptar as decisións oportunas. Pero sin saber como sería fianalmente, xa se presta a dar cifras de "liberados", "Con esta decisión, serán 1,27 millóns os galegos e galegas que terán liberdade horaria: os algo máis de 410.000 habitantes dos 200 concellos con poboación inferior a 5.000 persoas (que xa tiñan liberdade horaria desde a fin de semana) e algo máis de 866.000 das parroquias rurais que pasarán a tela co cambio de criterio. Todo sen agardar as decisións dos alcaldes e alcaldesas".
Arestora sábese que Vilagarcía non permitirá eses horarios diferentes e noutros concellos como Cambados estase estudando a posibilidade de aceptar ou non esa posibilidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.