Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de mayo de 2020

NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS AUMENTAN OS ENFERMOS EN POUCA CANTIDADE

Os hospitais da rede pública do Sergas área permanecen sen ingresados co virus e o único paciente mantense no QuirónSalud. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistra, ao igual que onte, un único paciente con COVID-19 positivo hospitalizado, que se atopa no hospital QuirónSalud de Pontevedra, mentres que os da rede pública do Sergas desta zona permanecen sen ingresados co virus. Así o informou a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés. As mesmas fontes indicaron que este sábado segue sin haber ningún paciente con COVID positivo hospitalizado en Montecelo nin no Salnés e soamente queda un ingresado no hospital QuirónSalud de Pontevedra. Mentres, onte eran 141 pacientes os que evolucionaban nos seus domicilios, sete menos que o xoves, a día de hoxe hai xunto co paciente hospitalizado, 147 os casos activos nesta área. Polo que aumenta o número de enfermosm en cinco, todos eles nas suas casas. Desde o inicio do plan de continxencia pola COVID-19 curáronse 663 pacientes na área de Pontevedra e O Salnés, ningunha alta no día de onte.
Tamén faleceron con coronavirus 16 persoas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.