Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
1 de abril de 2020
CAMBADOS OFRECE UN SERVIZO DE IMPRESIÓN GRATUITO DE TRABALLOS ESCOLARES
O concello de Cambados pon en marcha un servizo gratuíto para descargar e imprimir as tarefas escolares.
Nestes días de confinamento os escolares deben facer as tarefas que lles asignan nos respectivos colexios. Moitos carecen de cobertura de internet ou dunha impresora onde pasar ao papel as tarefas asignadas.
O Concello de Cambados pon a disposición de todas as familias que non teñan os medios e o precisen o servizo de impresión gratuita de apuntes e traballos escolares.
Quen o precise, debe enviar a documentación para imprimir ao enderezo: alcaldia.cambados.covid19@gmail.com
ou ao teléfono da OMIX 986542663 indicando nome e dirección do alumnado e o colexio e curso onde cursa os seus estudios.
A recollida realizarase nun lugar a concretar entre a familia e o Concello ou entrega a domicilio no caso de que sexa imposible o desprazamento.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.