As mortes acaecidas hoxe, 15, supoñen 4 máis que onte e 9 máis que o venres. Parece que a despois de ver as cifras tan negativas que hai, os españois ou unha maioría deles, non entende que de non cumprir as directrices, seguiremos contando por centos os mortos diarios e novos enfermos.
Durante a tarde de hoxe faleceron outras sete persoas nos hospitais galegos. Tras as novas mortes a cifra acumulada chega a 530 en Galicia. Nas últimas horas perderon a vida unha muller de 94 anos que estaba ingresada no CHUF de Ferrol, un home de 88 no vigués Povisa, dúas mulleres de 92 e 85 anos e un home de 74, hospitalizados no Chuvi de Vigo, un home de 63 anos no CHUS de Santiago e outro home de 88 anos, ingresado no coruñés Chuac.
Pola mañán contabilizáronse 8 falecementos. en residencias morreron 4 enfermos e nos hospitais outros 4.
O Sergas informaba esta mañá de catro mortes en hospitais de Galicia. Un home de 89 anos que estaba ingresado no CHUS; unha muller de 90 anos que estaba ingresada no CHUAC; un home de 67 anos que estaba ingresado no CHUO; e unha muller de 86 anos que estaba ingresada no Hospital do Barbanza. Todos eles tiñan patoloxías previas.
Respecto das 4 persoas falecidas onte en centros residenciais, 1 foi da residencia Con-cepción Arenal (A Coruña), 2 de DomusVi Matogrande (A Coruña) e 1 do centro resi-dencial DomusVi Barreiro (Vigo).
Por áreas sanitarias, rexistráronse 113 mortes na da Coruña, 83 na área de Vigo, 80 na área sanitaria de Ourense, 65 mortes na área sanitaria de Santiago, 24 na área de Ferrol, 25 na área de Lugo e 15 na área sanitaria de Pontevedra.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.