Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de abril de 2020

MELLORAN OS DATOS EN GALICIA NA ACTUALIZACIÓN DE ESTA MAÑÁN

62 novos contaxios en Galicia e 9238 casos positivos en total

En Galicia dos 9238 casos totais permanecen activos 6891 (35 máis que onte), tras restar aos 62 novos positivos as altas e os falecementos.

Nas últimas horas rexistrouse o falecemento dun usuario na residencia DomusVi do barrio vigués de Barreiro e, tras a actualización de datos, o número de mortes rexistradas en centros xeriátricos elevouse a 126. Tamén, ata o de agora, morreron outras 118 persoas vinculadas con centros residenciais (pero que faleceron ou ben en hospitais ou ben en residencias integradas).
O número de falecidos con COVID vinculados a centros residenciais é de 244 persoas, case un 46 % do total de falecidos por coronavirus en Galicia.

Dous novos falecidos por coronavirus en centros hospitalarios. Unha muller de 73 anos que estaba ingresada no CHUO e un home de 81 anos que estaba ingresado no Hospital do Barbanza. Os dous tiñan patoloxías previas, informa o Sergas. Con estes dous decesos elévase ata 533 o total de vítimas da pandemia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.