Melloran os datos de enfermos por coronavirus na área sanitaria Pontevedra-Salnés despois de dous días moi negativos.
Neste momento segundo os datos facilitados polo SERGAS este domingo 26 de abril hai activos 568 casos de enfermos con Covid-219 na nosa área, é decir o mesmo número que no día de onte.
Duas altas dadas e dous novos positivos fan que a cifra se manteña. Tamén é positivo o número de pacientes hospitalizados. De 31 persoas hospitalizadas no día de onte pásase a 29, é decir 2 enfermos menos hospitalizados. De eses 29, 5 mantéñense na UCI de Montecelo. En planta hai 24 (2 menos) no mesmo hospital, 2 no H. do Salnés e un no Quirón Salud de Pontevedra. Mantéñense os datos de onte nos dous últimos.
Mentres, 539 casos activos atópanse en corentena nos seus domicilios.
Coas dúas altas prescritas onte chégase a un total de 157 persoas recuperadas desde o inicio da pandemia.
Desde o inicio do plan de continxencia do Covid-19 faleceron na área sanitaria 15 pacientes. Da comarca do Salnés eran 3 de eses falecidos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.