Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de abril de 2020

O FONDO DE COOPERACIÓN LOCAL LEVA REPARTIDO NO QUE VAI DE ANO NO SALNÉS CASE 1,3 MILLÓNS DE EUROS


A Xunta de Galicia ven de ingresar aos concellos da comarca do Salnés a partida do mes de marzo e a liquidación de 2018 do Fondo de Cooperación Local (FCL) para contribuír na dotación de liquidez ás facendas locais. No que vai de ano xa entregou case 1,3 millóns de euros a estes nove concellos que poden destinar a loitar contra o coronavirus, xa que son fondos non finalistas que respectan a autonomía dos concellos.
Nos 47 concellos da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra a liquidación de 2018 do FCL, un remanente a maiores do que se lle pagou mensualmente ese ano, ascende a máis de 1,37 millóns de euros, que coincide coa cantidade que corresponde ao mes de marzo de 2020.
En total no que vai de ano, ao abeiro do Fondo de Cooperación Local, aos concellos da Delegación da Xunta de Pontevedra correspondéronlles algo máis de 6 millóns de euros. Estas achegas autonómicas repártense entre todos os concellos galegos seguindo uns criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias, entre eles o número de habitantes, persoas maiores de 65 anos, superficie da localidade e a cantidade de núcleos de poboación.
Os investimentos non están condicionados xa que se tratan de fondos non finalistas e respectan a autonomía municipal polo que os alcaldes poden destinar estas partidas a aquilo que consideren máis necesario e urxente.
O Goberno galego decidiu priorizar o pagamento destas axudas “nun momento no que os concellos necesitan máis liquidez para poder asumir todos os gastos extraordinarios que implica a atención e a seguridade dos seus veciños pola crise do coronavirus”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.