Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de abril de 2020

UNHA NOVA MORTE POR COVID-19 NA COMARCA DO SALNÉS

Na área Pontevedra-Salnés hai 4 máis casos de coronavirus con respecto ao dia de onte, 505 por 501.
Doutra banda descende o número de ingresados no Hospital comarcal de Rubiáns segundo os últimos datos facilitados polo SERGAS, de 5 ingresados pasouse a 2 no Hospital do Salnés o resto ata 25 pacientes hospitalizados en planta están ingresados en Montecelo. Ningún no Quirón Salud de Pontevedra.
Hai 11 pacientes evolucionan na UCI e 469 casos están a evolucionar nos seus domicilios o que fai un total de 505 casos activos. A mala noticia nesta área é que nas últimas horas faleceu un veciño da Illa de Arousa que estaba ingresado no hospital de Montecelo de 64 anos de idade. Con esta son xa 13 as persoas falecidas na área. Con esta morte elévanse a 3 os mortos na Comarca do Salnés tras o falecemento dun cambadés, un vilagarcián e este último da Illa de Arousa. O total de altas prescrito elévase a 141. O total de diagnosticados desde o principio da pandemia ascende a 659.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.