Inclúe o paquete das principais medidas adoptadas durante o estado de alarma e incluso as medidas preventivas que se levaron a cabo antes de que fose decretado o Estado de Alarma polo goberno central.
O GOBERNO DE CAMBADOS INFORMA Á OPOSICIÓN DAS MEDIDAS TOMADAS DENDE O COMEZO DA PANDEMIA POLO COVID-19
Durante esta mañá na xunta de Portavoces celebrada telemáticamente, onde se enumeraron máis de 150 medidas aplicadas e se recolleron as aportacións dos voceiros dos grupos da oposición.
O Concello de Cambados foi dos primeiros en adoptar medidas para paliar os efectos da pandemia do Covid-19, incluso antes de decretarse o estado de alarma. Este Concello adoptou máis de cento cincuenta medidas neste último mes e medio, das cales unha trintena foron antes do decreto do estado de alarma. Todas e cada una das medidas adoptadas, foron sempre tendo en conta os criterios e recomendacións sanitarias e de seguridade publicadas polo BOE, DOGA, BOP, FEMP, FEGAMP.
As medidas prioritarias adoptadas polo concello foron as de prevención en contaxios de persoas do grupo de risco (maiores de 65 anos, e persoas con enfermidades crónicas ou contaxiadas), atender as necesidades de alimentos de familias en risco de exclusión social, limpeza e desinfección de zonas onde se producen aglomeración de persoas, fogares con nenos con dificultades, vítimas de violencia de xénero que conviven cos agresores...
Ademais tamén se levaron a cabo medidas de protección medioambiental, labores de atención aos escolares dos centros educativos de primaria, medidas para impulsar o comercio de proximidade e medidas de bonificación fiscal para a veciñanza.
Todos os portavoces municipais coincidiron que este non é un momento de pensar en cores políticas, senón de traballar en conxunto polo ben da veciñanza para saír canto antes desta situación, e poder levar a cabo medidas de prevención actuando con prudencia, para que no caso de que a situación varíe dacordo coas circunstancias que se poidan producir nos vindeiros días.
A veciñanza cambadesa, en xeral cumpríu de xeito efectivo as medidas de confinamento e de aí que o número de casos de positivos no noso municipio fose relativamente baixo, de 30 persoas, aínda que desgraciadamente houbo un falecido.
Os portavoces municipais amosaron o seu apoio ao goberno en canto a seguir as recomendacións que vaian dando as autoridades sanitarias e as administracións supramunicipais, para actuar dun xeito coordinado e en colaboración coas demáis institucións. En vindeiros días seguirase falando para adoptar medidas sobre a desescalada e a volta a unha situación o máis normalizada posible, buscando o consenso.
Pola súa parte, o goberno agradece as aportacións e o talante a todos os portavoces municipais, nun momento como éste no que nos atopamos e no que a crítica sempre debe ser constructiva.
Facemos un chamamento a todas aquelas persoas e entidades que queiran colaborar, que non fagan directamente as entregas de material para o cal non están autorizados, e as entreguen á unha administración para que reparta de xeito coordinado.
Toda a corporación municipal quere amosar o seu agradecemento a todos os empregados municipais que estiveron traballando todos os días da semana, sábados, domingos e festivos para atender todas as urxencias acaecidas durante este tempo de alarma, así aquelas persoas e institucións que fixeron aportacións e doazóns altruístas.
DESGLOSE DE MEDIDAS ADOPTADAS POLO CONCELLO DE CAMBADOS
As primeiras medidas adoptadas polo Concello de Cambados, foron o xoves día 12 de marzo, no que se fixo un envío de 2.000 dípticos informativos sobre o Coronavirus a todos os colexios de Cambados. Ese mesmo día procédese á firma dun Bando municipal polo que desde o día 13 se suspendían todas as actividades deportivas, educativas, culturais, sociais organizadas ou autorizadas polo Concello de Cambados; o peche da Biblioteca “Luís Rei”, o “Auditorio da Xuventude”, a piscina municipal e as demáis instalacións deportivas, as casas de cultura e os recintos nos que se prestaban este tipo de servizos; peche da oficina de turismo e museos; suspendeuse o mercado dos mércores e dos sábados e a venda ambulante en todo o Concello. Se informaba ademáis a toda a veciñanza que a atención ao público nas Oficinas Municipais se limitaría a casos estrictamente necesarios recomendándose a realización trámites a través da sede electrónica informando da dirección electrónica da sede, así como dos números de teléfono, se cancela o evento do Desmarket e a campaña comercial do Día do Pai.
A seguinte medida adoptada nese día 13, foi una Resolución de alcaldía de carácter interno para a protección aos nosos traballadores e traballadoras, dotándoos de material para poder teletraballar, e de equipos de protección individual mercados polo propio Concello para policía local, protección civil e operarios, básicamente. Estando xa instalados con anterioridade dispensadores de hidroxel en diferentes instalacións municipais para a desinfección de mans. Nesta Resolución se facía referencia á flexibilidade horaria para dar cobertura á corresponsabilidade familiar no fogar.
Simultáneamente comezouse, dende o primeiro día, a realizar labores de limpeza e desinfección de xeito manual, con máquinas portátiles, de espazos públicos susceptibles de aglomeracións de persoas.
Decretouse ese mesmo día 13 a suspensión da concesión administrativa da piscina, convocouse ao Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Cambados, ademáis creouse un grupo de comunicación interno cos xefes de todos os departamentos municipais. Contactouse cos representantes sindicais e se lles dou traslado das medidas que se ían a adoptar por parte do Concello de Cambados por se querían facer alguna aportación a maiores, así como coa Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos, e tamén se acorda a suspensión do Obradoiro de Emprego por causa do Covid 19
O día 16 de marzo, fírmase a resolución da suspensión de traballo presencial, instaurando o teletraballo como práctica preferente, e se resolve supender a celebración dos órganos colexiados municipais (Pleno, Xunta de Goberno Local e Comisións Informativas) a excepción da Comisión Municipal de Seguimento doCovid-19.
Ao día seguinte se lles informa aos usuarios o servizo de axuda no fogar (SAF), que este servizo se seguirá prestando a aqueles que o desexen, e dótase de material de protección ás traballadoras da empresa que presta o servizo. Tamén se reparte material doado entre as traballadoras de axuda a domicilio e as persoas que traballan no Asilo de Cambados, xunto con Hidroxel. Así como á residencia de anciáns Domus Vi.
Dada a prohibición de saír á rúa e pensando nas persoas con maior risco de contaxio de adoptan varias medidas: Sacamos un listado do padrón municipal de persoas que viven soas que son maiores de 65 anos, para que non teñan que saír á rúa baixo ningún concepto, nin supermercados nin farmacia e para que sexan os voluntarios de protección civil os que lle fagan esas labores, se non teñen familiares que poidan facelo. Se xeito complementario se puxo en marcha a campaña “Axúdanos a axudar” creando un formulario para que os veciños e veciñas de Cambados se puxesen en contacto co Concello e informasen se tiñan coñecemento dalgunha persoa maior ou enferma que vivise soa e que precisase axuda. Por outro lado, pensamos en medidas para persoas que por estar seguindo algún tipo de tratamento médico podían estar en risco de ser máis vulnerables fronte ao coronavirus, e facilitáronse mascarillas confeccionadas de xeito caseiro e donadas ao Concello.
A raíz desto promoveuse facer un grupo de costureiras ás que se lles facilita todo o material (teas, fío, gomas, agullas para as máquinas de coser, etc), e se comeza a ofrecer mascarillas a toda aquela persoa que a solicitase e a diversas entidades que as solicitaron: Residencia Divina Pastora, novamente ao Asilo, Asociación Bata, lonxa, redeiras, praceiras, repartidores a domicilio, Idades, supermercados, depuradoras, conserveiras, etc. Compróuselle material sanitario tanto aos profesionais do centro de saúde (40 batas) como aos de sanitarios das ambulancias do 061 (25 traxes de protección).
Posteriormente se mercaron máis de 30.000 mascarillas quirúrxicas non reutilizables e se chegou a un acordo con Correos para facer un reparto casa por casa, con información de uso.
Tamén dicir que recibimos nesa primeira semana doazón de material de limpeza, desinfección, guantes, equipos de protección, etc. por parte empresas privadas. Nas seguintes semanas recibimos tamén material de protección da Xunta de Galicia, Subdelegación de goberno, a asociación Solidariedade galega co pobo saharaui, Adinfo, e mesmo recibimos doacións de alimentos por parte de entidades privadas.
En canto á situación do programa de alimentos e de cubrir necesidades de persoas en risco de exclusión social, dicir que se creou un grupo de coordinación de emerxencia para establecer protocolos de actuación e atender ás necesidades máis urxentes por orden de prioridade, xa que nestes momentos de confinamento aumentaron tamén situacións graves respecto a menores e violencia de xénero. Contratouse a través da bolsa de emprego do Concello de Cambados coa subvención da Deputación de Pontevedra a una traballadora social a maiores. Fíxose desde o primeiro día o reparto de alimentos a través do programa de alimentos (279 vales)e a maiores se dou tamén cobertura a 24 repartos máis, en domicilios, tanto de alimentos como de productos de hixiene, mascarillas e productos farmacéuticos. Fíxose por parte do departamento un seguimento de persoas do municipio de máis de 65 anos para saber cómo se atopaban, concretar as súas necesidades e poder darlle axuda ben para facerlles a compra, ou ofrecerlles calquera outro servicio que puidesen precisar ademáis de facer un control dese xeito, para saber se atopaban en bo estado de saúde, este mesmo seguimento foi reforzado tamén co servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra que pasou a facer as chamadas telefónicas de xeito diario.
Este servizo de seguimento por parte das traballadoras sociais municipais se ampliou para dar cobertura non só para os maiores, senón tamén a persoas que viven soas e que teñen enfermidades graves tanto físicas, como psiquiátricas, adiccións e tamén en domicilios onde hai menores ou persoas contaxiadas por coronavirus.
Reforzouse tamén o seguimento de axudas a domicilio onde hai uns 60 usuarios. Finalmente déronse de baixa voluntaria temporal 9 usuarios/as por ter familiares na casa que se poden facer cargo mentres dura o confinamento.
Se atenden multitude de chamadas nas que a xente demanda información en xeral: sobre o covid, axudas de aluguer, prazos de pago en entidades bancarias, presentación de documentación no SEPE, Tesoureria da Seguridade Social, prestacións ás que teñen dereito ou calquera dúbida que lles xurda respecto á situación actual.
Estase facendo un especial seguimento en tema de violencia de xénero e de temas relacionados con menores en coordinación co CIM.
Tamén se está a facer un seguimento a persoas sen fogar e moi especialmente as persoas con problemas psiquiátricos en coordinación cos sanitarios que os tratan xa que estos últimos pertencen a un colectivo moi vulnerable e que nesta situación anómala e excepcional, tenden a desestabilizarse moi fácilmente, chegando incluso a situacións de tentativas de suicidio.
En canto á limpeza e desinfección, pasados os primeiros días nos que se desinfectaba e limpaba de xeito manual, con equipos de limpeza e desinfección portátiles, adegas da comarca nos facilitaron atomizadores de 400 litros para poder levar a cabo una limpeza máis exhaustiva naqueles lugares nos que nos deron instruccións directas de que poderían ser foco de contaxio. Dado que o Coronavirus é un virus que non perdura no ambiente máis que una horas, senón que onde se aloxa e perdura é nas propias persoas, se estableceu una especie de protocolo para desinfectar con productos especiais os lugares nos que diariamente se produce aglomeración de persoas. Esto é: entradas e lugares próximos aos supermercados, farmacias, entidades bancarias, etc Tanto do centro de Cambados como das parroquias, non sendo efectiva a desinfección de camiños onde non existe afluencia de persoas. De todos os xeitos as tarefas de limpeza de camiños, retirada de herbas e de xardinería foron retomadas hai dúas semanas no centro de Cambados e nas parroquias.
Tamén se comezou un programa de limpeza e desinfección de contedores do lixo, un por un, en todo o municipio.
Ademáis a Brilat veu desinfectar a Residencia de Anciáns A Nosa Señora da Valvanera, se deinfectou a Praza de Abastos e diferentes instalacións e vehículos municipais. Se mercou unha máquina cun canon de ozono para a desinfección de espazos e materiais, e un novo sistema de descontaminación portátil, se adaptou un vehículo de Protección civil para levar a cabo labores de limpeza, se solicitou o camión de mantemento de estradas do Ministerio de Transporte, Movilidad y agenda urbana para a fumigación de carreteras, e nos concedeu prestar o servizo no día de hoxe.
Na primeira semana de abril, o Concello de Cambados a través do departamento da OMIX e do de Deportes xunto con protección civil, se encargaron de fotocopiar e repartir polos domicilios desas familias necesitadas, todas as actividades e tarefas que o alumnado tiña que facer durante as vacacións de Semana Santa para non quedar en desvantaxe respecto do resto do alumnado que sí podía facer as tarefas a través da aula virtual. Posteriormente volvemos a poñernos en contacto con equipos directivos de primaria para ofrecerlles ás familias en risco de exclusión social equipos informático e tarxetas SIM que actuasen como routers nos seus domicilios. Este servizo xestionouse de forma conxunta entre os centros educativos, as familias e servizos sociais do Concello.
En canto as medidas de seguridade levadas a cabo pola policía local, dicir que foron levadas a cabo conxuntamente os controis coa Garda civil, e as diferentes medidas habituais con protección civil ( que tamén se encargou de facer reparto de alimentos, accidentes de tráfico, tarefas a persoas en cuarentena, ir recoller material, ir comprar material, ir recoller alimentos a Pontevedra para o Asilo de Cambados, para que non tivese que desprazarse ninguén do Asilo alí).
A policía local levou a cabo diferentes actuacións encomendadas tanto por subdelegación como polo concelleiro delegado de seguridade cidadá .
Datos de intervencións de protección civil ata o 7/4
-Reparto de alimentos dos servizos sociais 57, tarefa que foi compartida cos operarios municipais que non podían teletraballar.
-Desinfeccións integrais 24
-Procura de material 19
-Procura de material para o Asilo de Cambados 9
-Información co vehículo de protección civil, informando por megafonía que non se debe saír dos domicilios, 7.000 km percorridos
Ademáis o servizo de emerxencias felicitou o cumpreanos a nenos e nenas para animalos no seu día, baixo demanda e aos maiores de 65 que viven sós, número de intervencións deste tipo, 181
Se contrataron a dous policías auxiliares como reforzo neste momento excepcional, número que será ampliado na tempada de verán e se incrementou a vixiancia con medios ténicos. Para elo, se utilizan dúas aeronaves pilotadas por persoal cualificado baixo a supervisión e dirección da Xefatura de Policía de Cambados.
Estánse a levar a cabo dispositivos especiais en zonas de especial afluencia de persoas durante este estado de alarma.
Respecto ás medidas adoptar de cara aos vindeiros días, dicir que xa se mantiveron reunión con diferentes colectivos para establecer medidas de seguridade e medidas fiscais de cara a unha pronta recuperación económica dos sectores máis perxudicados nesta pandemia.
Ás medidas a adoptar, xiran primordialmente en torno a 4 eixos principais:
Comercio e bonificacións municipais
Hostelería e bonificacións municipais
Turismo
Cultura
Nas reunión mantidas cos comerciantes de Cambados acordamos levar a cabo a promoción do comercio de proximidade.
O Concello de Cambados creou una campaña de información sobre medidas de hixiene de prevención do comercio minorista de cara a una recente apertura e se lles suministrará hidroxel desinfectante e mascarillas para o uso da súa clientela cando entren no seu comercio.
Asimeso se comezou a campaña de dinamización comercial co motivo da celebración do Dia da Nai, xunto con Zona Centro.
Apstaremos tamén por levar a cabo una campaña de consumo de productos de proximidade (horta, mar, viño, etc) A partir de maio se comezará coa dinamización do comercio comarcal a través de Deputación e do municipal a través do Concello. En Cambados vaise levar a cabo una promoción do comercio de xeito audiovisual na televisión local e en redes sociais.
Respecto ás bonificacións estanse a estudar xunto con intervención e tesourería porque nos casos dalgunhas tasas ao non existir feito impoñible é posible non pasar o recibo, pero no caso de tasas obrigatorias en recaudación, como pode ser a recollida do lixo, ésta é de carácter obrigatorio, podendo únicamente cobrar o importe mínimo que satisface calquer outro cidadán que ten una vivenda ou local, vacío, é dicir, 29€ ao trimestre. O mesmo ocorre co recibo da auga.
Por ausencia de feito impoñible, no caso de comerciantes estaría xustificada a ausencia de tasa por ocupación do mercado, e de igual xeito, o Concello lle reclamará á Xunta de Galicia a exención desa tasa xa que non houbo ocupación de terreo portuario, e no caso de hosteleiros a de ocupación de terrazas.
Respecto aos empresarios, reseñar varias cousas. Durante este tempo excepcional se tramitaron facturas por importe de 1,200.000€, polo que se intentou axilizar ao máximo a tramitación de expedientes para o pago a pequenos proveedores conseguindo que o período medio de pago a proveedores se estableza en 14 días, con cargo aos propios fondos municipais. Imos ofrecerlles aos pequenos empresarios e autónomos información de cómo tramitar as axudas, subvencións, etc ás que poden acollerse, a través dun servizo ao que nos imos a adherir da Deputación de Pontevedra, imos formar parte tamén dos novos servizos que vai ofrecer SmartPeme creando una rede con asesores, informátricos, os COVID makers.
En canto ao Servizo do ORAL, existe una prórroga para o pago voluntario de tasas, supensión de pagos, así como a suspensión do calendario fiscal, se establecerá un plan personalizado que poderá solicitarse ata o 15 de xuño para o pago dos impostos (IBI,IAE,IVTM) para aqueles que os teñen domiciliados.
Ademáis o Concello de cambados se acollerá ao asesoramento ofrecido por Deputación de Pontevedra para a modificación de ordenanzas se así o suxiren os nosos técnicos municipais.
En canto ás medidas adoptadas na Praza de Abastos, ademáis da desinfección, de proporcionarlles material de seguridade e desifectante, se pon en marcha xunto con elas o servizo de reparto de mercancías a domicilio. Se elabora un plan para elo e se lles facilita a creación do cartel promocional e o reparto da cartelería e a promoción da medida.
En canto ao sector hosteleiro e o turístico, dicir que estamos totalmente coordinados co disposto desde a Secretaría de estado para o Turismo, coa Consellería de Cultura e Turismo de Galicia e con Turismo Rias Baixas, e de feito a semana pasada formamos parte da Mesa provincial sectorial de turismo, na que tamén estivo presente Nava Castro. Se está xa traballando nun plan conxunto entre todas as administración, un plan estratéxico 2021-23, noutro Plan de estudo de impacto do Covid 19 no Turismo, con resultados e cifras actualizados, a partir da semana que ven se nos facilitarán os protocolos de funcionalidade das oficinas de turismo, sistemas de protección limpeza, desinfección e atención aos visitantes, e o protocolo de garantía sanitaria en praias, zonas fluviais, museos, etc
En canto ás Festas, vaise emitir con carácter xeral un protocolo polas autoridades sanitarias como segundo os pran estratéxicos de turismo que se aproben, tanto para as de interese turístico internacional, como nacional (Albariño Vieira,) como para o caso dos Festivais, polo que a decisión de cómo se van desenvolver éstas, está claro que non serán únicamente decisión do Concello de Cambados, nin do Consello Regulador, nin da Cofradía de Pescadores, nin dos promotores dos festivais… seguiremos as indicacións dese proxecto en común que se vai levar a cabo pola Xunta de Galicia e pola Deputación de Pontevedra, xunto cos Concellos. O Concello de Cambados está emprazado para ter unha reunión sobre este tema, sobre o cal segundo vaian evolucionando os datos dos contaxios, se poderá ir modificando a maneira de actuar , seguindo sempre as recomendacións e protocolos de seguridade das autoridades sanitarias. Motivo polo cal vos adianto celebraremos unha Xunta de Portavoces dentro dun mes e medio. Tamén estamos en contacto directo co Presidente do Consello Regulador, e escoitando e apoiando as súas aportacións, que no caso da Festa do Albariño, ata o momento, cremos que eran totalmente coherentes, e compartidas polo equipo de goberno: mantemento da Cata e dos premios ás mellores colleitas do 2019 .
Veremos como transcorren os acontecementos, e actuemos con prudencia á hora de determinar decisións sobre temas que neste momento é imposible dilucidar posto que a situación pode variar dun día para outro.
En canto á cultura o Concello segue a apoiar o sector, se manteñen as subvencións , tamén o Musigal e o Pontegal, pero mantendo todas as recomendacións e protocolos sanitarios como dixen antes para priorizar a saúde dos nosos veciños e veciñas, sen que a cultura deixe de recibir apoios sobre todo económicos.
Ademáis o Concello de Cambados iniciou a actividade “Tes un conto…” con motivo da celebración do día do libro. No que se poderán presentar relatos curtos que serán presentados en torno a tres catergorías : infantil, xuvenil e de adultos. Todas as persoas poderán participar e os gañadores de cada categoría serán agasallados cun premio. O prazo de entrega de solicitudes e contos, será ata o 8 de maio.
En canto a temas medioambientais, dicir que se reforzaron os servizos de limpeza e sobre todo desinfección de contendores do lixo, posto que son repostos e non volven ser colocados ata que están desinfectados por completo. Se fixo una recomendación á cidadanía para que éstos permanezan abertos e non se pechen, e así que non haxa que manipulalos coas mans. Se está levando a cabo una labor informativa de cómo desfacerse dos residuos das persoas que deron positivo do Covid 19, que teñen que meter os residuos da persoa contaxiada nunha bolsa de plástico aparte.
En canto á organización interna do Concello, foron colocadas xa mamparas de protección nalgunhas instalación municiapis, un servizo con telefonillo na porta da policía, reorganización de estructuras no departamento de servizos sociais por ter un servizo directo e presncial, ademáis de confidencial para a veciñanza, e aínda que temos en mente moitas medidas, como alguna que xa se adiantou na prensa, estaremos ás recomendacións que nos transmita o técnico de prevención de riscos laboráis que virá facer un estudo das nosas instalacións a vindeira semana e que en canto formule o seu informe se reunirá coa concelleira de réxime interior e co concelleiro de obras, para acometer as medidas que sexan necesarias.
A tramitación de expedientes segue o seu curso natural e case todas as obras do Plan Concellos 2019 están xa en fase de licitación como se pode comprobar no taboleiro de anuncios do Concello. Ademáis se tramitaron desde o 16 de marzo ata o 13 de abril, un total de 28 expedientes. A día de hoxe, están en curso outros 40.
A reincorporación do persoal administrativo do Concello, que é o que está teletraballando dispón legalmente dunha prórroga de dous meses para reincorporarse definitivamente ao seu posto, polo que faremos esa incorporación de xeito gradual e alterno para minimizar situacións de risco.
Ademáis a través da empresa de Prevencion de riscos laboráis coordinada coa empresa sanitaria Quirón, se mercaron test de detección do coronavirus para traballadores/as municipais que deberán achegarse ao centro sanitario para levarse a cabo o informe médico correspondente, coa máis estricta confidencialidade.
O Concello de Cambados levou tamén a cabo labores de información e freo de bulos e noticias falsas, como a do caso positivo no Asilo de Cambados, que era totalmente incerta, e que foi orixinada por una interpretación incorrecta dos datos cruzados entre a traballadora social do Asilo de Cambados e a Consellería de política social da Xunta de Galicia, erro que foi rectificado pola propia Xunta aclarando así o tema.
Respecto ao número de casos, segundo os datos que nos facilitaron ao Concello de Cambados, tivemos 30 persoas que deron positivo desde que comezou a pandemia, case todos cumpriron a corentena na casa, salvo 3 persoas que tiveron que ingresar, das cales 2 xa foron dadas de alta, e una persoa falecida por Coronavirus.
Para dar maior axilidade á comunicación coa vecindade o Concello de Cambados puxo en funcionamento una aplicación móbil na que todos os veciños /as que o desexen poden suscribirse de xeito gratuito para estar ao tanto de todas anovidades que se vaian producindo diariamente. A aplicación é TokApp e é necesaria a súa suscripción para o seu acceso
Facemos un chamamento a todas aquelas entidades que queiran colaborar, que non fagan entregas de material para o cal non están autorizados e as entreguen á administración para que reparta.
Agradecemento polas aportacións e o talante a todos os portavoces municipais, nun momento como éste no que nos atopamos.
Recoñecemento e agradecemento ante os portavoces municipais, da plantilla municipal que desde o primer momento mostraron a súa colaboración para adoptar medidas urxentes para saír adiante nesta crise sanitaria, tanto a través do seu traballo presencial, como o de todos e todas que modificaron as súas tarefas diarias, que teletraballaron e que estiveron activos e dispoñibles todos os días da semana, sábados, domingos e en todos os festivos que houbo durante este estado de alarma.
1 comentario:
que se deixen de ostias e nada de festas si esta pandemia vai a menos e por estar na casa no momento que se empece a sair esto volve a aumentat tempo o tempo
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.