Conversas Inesperadas
23 FEBREIRO | 1 ABRIL
Pintura, debuxo, escultura, fotografía, instalación, videoinstalación. Pazo Torrado abreu o ano con esta mostra colectiva comisariada por Ana Cancela. Unha exposición multidisciplinar onde se aborda o concepto artístico dende ángulos moi diferentes e persoais, levando ao espectador por unha viaxe de múltiples lecturas e estéticas antagónicas pero que complementan e enriquecen o noso panorama artístico.
Yolanda Ríos Iria Cortizo Victor Tomé Joana Soto Malú Feijóo Laura Álvarez Encarna Salas Servando Barreiro Ana Cancela
Soledad Penalta
13 ABRIL | 03 XUÑO
Concibo a escultura como unha realidade que, acotando o espazo á súa medida, sinala, distingue, diferencia e distancia. Acepto a arte coma linguaxe de posibles e infinitas lecturas: "A obra vive só das interpretacións que dela se fan" (Umberto Eco) Soledad Penalta
Emérita Méndez
15 XUÑO | 15 XULLO
As ilustracións de Emérita Méndez guíannos a través dun detallado imaxinario cargado de delicadeza e misterio no que desprega todo o seu bestiario metafórico cunha aura case mitolóxica. Bea Laya
Berta Cáccamo
27 XULLO | 23 SETEMBRO
Falar de Berta Cáccamo é falar de parte da historia da pintura galega a partir da década dos oitenta do pasado século. Cunha tradición familiar arraigada e vital para a cultura galega e pertencente a un grupo xeracional de artistas abstractos, a artista viguesa desenvolve unha obra que reflexiona sobre os valores plásticos da pintura. Jose Vaamonde
Julia Huete
05 OUTUBRO | 18 NOVEMBRO
Galicia ten unha longa e importante tradición na artesanía e na industria textil. Julia Huete recolle esta tradición e a transforma nos seus bordados abstractos e minimalistas creando unha linguaxe propia. Esta é unha artista precoz que conta xa cun longo percorrido polos diversos mundos da arte. Na súa obra explora de xeito experimental as múltiples vías da abstracción a través da pintura textil e da ilustración. Jose Vaamonde
Colectivo Pataka
30 NOV | 13 XANEIRO
O curioso nome do colectivo Pataka ven das reunións que dende 2009 fan no bar Negreira de Santiago, coñecido popularmente como “O Pataca”. Un grupo de artistas de diferentes disciplinas que traen a Cambados unha mostra ecléctica e variada. Jose Vaamonde
Martes a Domingo Inverno de 17 a 20h
Verán de 18 a 21h
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.