![]() |
Empregados do concello de Cambados desinfectando o exterior do Centro de Saúde |
O deputado aconsella a Tourís que traballe “para axudar a tanta xente que o está a pasar tan mal. A cidadanía non espera isto dun representa político”
“Seguimos sen ter resposta da Xunta á nosas reiteradas chamadas para traballar de forma coordinada contra a pandemia. Seguen sen entender nada”
O deputado Carlos Font lamentou hoxe que o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, Cores Tourís, “minta sen pudor de ningún tipo cando acusa falsamente á Deputación de Pontevedra de ameazar con deixar de desinfectar os centros de saúde”. “Tourís minte, e faino con todo descaro, porque a Deputación está cumprindo a orde da Xunta de desinfectar os PAC dos concellos co persoal do Consorcio Anti Incendios. O único que solicitamos, sinalou, e que ao remate do Estado de Alarma, a Xunta elabore un Plan de Desinfección dos espazos públicos dos concellos galegos. É lóxico, previsor, o piden alcaldes e alcaldesas e, ademais, a saúde e a hixiene son competencias exclusivas da Xunta, como recolle a Constitución ou o Estatuto de Autonomía”
Font manifestou que, en calquera caso, “foi toda unha sorpresa esta orde da Xunta, porque ata o propio persoal sanitario non entende que o goberno galego non tivera un servizo propio para desinfectar os seus PAC e os seus centros de saúde. Concellos e Deputacións desinfectan os seus viarios, estradas e dependencias, dixo o deputado. Non parece moi normal que a Xunta non dispuxera dun sistema para facelo coas súas”.
Carlos Font pediu, “e fágoo encarecidamente a quen máis parece un voceiro que un dirixente político, que se dedique a traballar para dar resposta ás necesidades de tantas persoas que o están pasando mal, en vez de destinar os seus esforzos a confrontar”. O deputado, que pediu directamente a Feijoo “que pare os reiterados intentos de Tourís de atacar á Deputación de Pontevedra, tamén advertiu ao delegado que “perda as súas esperanzas porque non nos van a encontrar, non imos entrar nos seus debates estériles. Non é o que precisa a xente, nin tampouco temos tempo que perder nesas guerras. Queda claro, engadiu, que non aprenderon nada”.
Font lembrou que fai un mes que a Deputación espera algunha resposta da Xunta ás reiteradas peticións de manter reunións para colaborar e planificar unha resposta coordinada das administracións. “Seguimos esperando, xamais nos convocaron, e non entendemos como a Xunta non quere diálogo nin traballo conxunto cando é precisamente o que a cidadanía espera da política”. O deputado rematou dicindo que “nós cumprimos coas nosas competencias, pedimos a Xunta o faga coas súas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.