Veciños da parroquia de Vilariño en Cambados, situada no límite entre os municipios de Ribadumia e Cambados, denunciaron os roubos que se están producindo nas viñas da zona. Os roubos afectan a parcelas dos dous municipios.
A Garda Civil xa está notificada e as respectivas denuncias feitas.
Xa hai sospeitas dalgunhas persoas que foron vistas no lugar das plantacións de madrugada.
Se alguén ten información a maiores, agradécese a vosa colaboración notificando ás autoridades competentes ou por privado (Messenger) do facebook dunha das persoas afectadas. Así o fai saber desde a súa conta en dita rede social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.