Tralos os datos ofrecidos este luns pola Consellería de Sanidade, son 569 os casos de Covid-19 que continúan activos, un máis por tanto que o domingo. Duas persoas máis enfermas e unha dada de alta.
Os centros hospitalarios rexistran un paciente menos ingresado nas últimas horas, con 23 persoas hospitalizadas en planta polas 24 de onte. No Hospital de Montecelo hai 20 ingresados un menos,e mantéñense as cifras do hospital do Salnés 2 e QuirónSalud Domínguez 1 e 5 máis evolucionando na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Montecelo. sen producirse cambios neste apartado. Os demais 541 casos activos permanecen nos seus domicilios, dous máis que onte.
Desde o inicio da pandemia rexistráronse nesta área un total de 737 casos, falecendo 15 pacientes e 158 altas hospitalarias tras sumar unha máis nas últimas horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.