O número de pacientes curados en Galicia ascende a 5.816, despois de que 243 persoas que permanecían ou ben hospitalizadas ou ben nos seus domicilios fosen dadas de alta nas últimas horas. Así o indicou o Ministerio de Sanidade a través do seu informe estatístico diario desagregado por comunidades. O departamento de Salvador Illa especifica ademais que 12 persoas requiriron hospitalización no día de onte, das que tres foron ingresadas en UCI.
A Consellería de Sanidade cifra en 3.357 os casos activos de Covid-19 na Comunidade, de acordo coa última actualización. Con case 99.000 PCR realizadas, o número de pacientes en UCI segue baixando e se súta en 45, o de hospitalización tamén descende ata os 278 pacientes; en domicilios, a cifra é de 3.034. Xa se curaron 5.816 pero hai que lamentar 557 falecementos.
Ata 64 usuarios de centros residenciais infectados polo virus curáronse onte, segundo revela o último reconto da Consellería de Política Social. Dúas persoas, por outra banda, faleceron, o que eleva o total de óbitos a 251, 128 nos propios centros e 123 en hospitais e residencias integradas.
Ademais destes dous falecidos en residencias, a Consellería de Sanidade informou outras dúas defuncións máis en hospitais. Trátase nesta ocasión de dous homes de 67 e 70 anos, ambos con patoloxías previas, que permanecían ingresados no CHOP pontevedrés e o CHUAC da Coruña. Con eles son xa 557 as mortes rexistradas na Comunidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.