-Aumentan a máis de 200 os casos positivos.
-As comunidades máis afectadas polo momento son Madrid, Cataluña e a Comunidade Valenciana.
-Actualmente, son máis de 150 as persoas afectadas segundo datos oficiais e un total de 15 comunidades autónomas .
Confirmado o primeiro caso por coronavirus en Galicia
As análises realizadas a un paciente de 49 anos procedente de Madrid e que permanece illado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña ( Chuac) confirman a infección por coronavirus, primeiro caso positivo en Galicia. Segundo informa a Consellería de Sanidade nun comunicado, a Dirección Xeral de Saúde Pública "está a seguir o protocolo" e iniciou o estudo de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan novos contagios. O propio conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, informará esta tarde de mércores en rolda de prensa en Santiago de Compostela sobre a evolución do coronavirus en Galicia.
Os casos de coronavirus en España rexistraron un aumento considerable a xornada do pasado martes 3 de marzo. Agora, tras unha semana desde que aflorou o primeiro caso Sanidade estuda aumentar a alerta nalgunhas zonas para controlar con maior precisión o aumento do virus.
Actualmente, son máis de 200 as persoas afectadas segundo datos oficiais e un total de 15 comunidades autónomas.
Onte coñeciamos o primeiro caso de falecemento por coronavirus na Comunidade Valenciana e a última hora coñeciamos o terceiro caso positivo en Asturias. O Ministerio de Sanidade tamén manifestou que existe un protocolo para seguir en caso de deceso dunha persoa, de maneira que non poida contaxiar a ninguén máis.
Con todo, existe preocupación por algúns pacientes de idade avanzada da comunidade de Madrid en estado grave e unha muller de 39 anos ingresada en Navarra, quen non só presenta síntomas de coronavirus senón tamén de Gripe B.
Ademais en Cataluña detectouse o primeiro caso de CoVID-19 nunha menor, sendo a afectada unha moza de 16 anos de Xirona. Hai tres nenos máis tamen afectados, dous en Castela A Mancha e outro en Madrid. Nestes casos afecta moi levemente.
Casos positivos por coronavirus actualmente en España: 215
Madrid: 76
Cataluña: 24 (Barcelona e Xirona)
Comunidade Valenciana: 19 (Castelló e Valencia)
País Vasco: 17 (Áraba e Guipúscoa, Biscaia)
Andalucía: 13 (Sevilla, Málaga, Almería e Xaén)
Castela-a Mancha: 12 (Guadalaxara, Albacete, Toledo, Ciudad Real)
Castela e León: 11
Cantabria: 10
Canarias: 8 (Tenerife, A Gomera)
A Rioxa: 7
Estremadura: 6 (Cáceres e Badaxoz)
Baleares: 5 (Mallorca)
Asturias: 4
Navarra: 2
Galicia: 1 (A Coruña)
Casos dados de alta en España: 3
Canarias: 1 ( Gomera)
Baleares: 1 (Palma)
Andalucía 1 (Sevilla)
Casos falecidos en España: 1
Valencia
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.