Outros dous accidentes en Cambados nunha semana na que non deixaron de sucederse este tipo de percances, nos que non hai que lamentar graves danos personais.
Desta volta un veciño de Cambados, coas iniciais R.V. F. e 46 anos de idade, resultaba ferido sobre as 19:20 hrs deste sábado nun accidente de tráfico que se rexistraba na avenida de Galicia, unha zona céntrica do municipio de Cambados.
Por causas aínda por investigar, un turismo impactaba contra unha motocicleta provocando diversas contusións ao piloto. Segundo testigos presenciais o conductor do vehículo que impactou contra a moto quixo esquivar a outro coche acabando por impactar na motocicleta. O home ferido foi evacuado ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061 con dor cervical, lumbar e dorsal.
A Policía Local de Cambados instrúe dilixencias para tentar determinar as causas do accidente.
O Servizo de Emerxencias de Cambados, acudía horas despois ata a parroquia de Castrelo debido a outro accidente provocado por un xabaril. Nesta ocasión, non se rexistraron feridos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.