Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de marzo de 2020

RESCATAN A UNHA PERSOA MAIOR DA QUE NON SE TIÑAN NOVAS DESDE HAI UNS DÍAS EN CAMBADOS


O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados tivo que acceder a un domicilio na rúa Castelao, na tarde do luns despois de recibir o aviso da Policía Local de que o titular da mesma non respondía as chamadas. Ao parecer non se tiñan noticias desta persoa desde facía uns días. Unha vez que conseguiron entrar no inmoble atopáronse á persoa tirada no chan. A persoa é trasladada na ambulancia medicalizada do 061 ao Hospital do Salnés.

Non é a primeira vez que unha persoa é localizada despois de pasar tempo enferma, ferida ou sen vida no seu propio fogar, sen que se lle bote en falta durante días, meses e mesmo anos. É o expoñente máis cruel da soidade. Persoas que morren nas súas casas e ás que ninguén bota en falta ata pasados días e mesmo semanas. Un fenómeno que, tristemente, cada vez é máis habitual, como o demostran as cifras. O perfil máis habitual é o de persoas maiores que viven soas, ben en núcleos urbanos ou en zonas rurais máis afastadas. Nalgúns casos o corpo permaneceu na vivenda ata 15 días, antes de que algún veciño ou coñecido dese a voz de alarma.

O número de persoas maiores de 65 anos que viven soas en Galicia non deixou de crecer nos últimos anos, e pasou de 110.800 no ano 2013 a 128.800 no ano 2018 (un incremento do 16,2%), un síntoma máis do envellecemento da poboación e, segundo os expertos, un "problema público moi preocupante", tendo en conta que a soidade é un dos principais factores de risco na morte prematura deste sector da poboación. Os numerosos casos de anciáns que falecen sós nas súas casas e cuxas mortes non se coñecen ata días, semanas ou mesmo meses despois, confirman o que xa reflicten as estatísticas: cada vez hai máis persoas maiores que viven soas e os servizos de atención e seguimento non chegan a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.