Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de marzo de 2020

A MOSTRA "MULLERES GALEGAS NA HISTORIA" CHEGA A RIBADUMIA

A exposición da Deputación de Pontevedra poderá visitarse no Auditorio Municipal desde este venres 6 ata o martes 31 de marzo
A mostra "Mulleres galegas na historia" da Deputación de Pontevedra chegará ó Auditorio Municipal de Ribadumia cun acto de apertura que terá lugar este vindeiro venres 6 de marzo ás 11.30 horas. A exposición, que reivindica o papel de 17 mulleres invisibilizadas e silenciadas, trátase dun evento itinerante que chega a Ribadumia tras o seu paso por concellos coma O Grove, Silleda, Moaña, Valga, Cuntis, Ponteareas, Tomiño, Baiona, Portas, Vilagarcía ou Meis. A mostra, que rematará o 31 de marzo, será visitable unha hora antes das actuacións programadas no auditorio ou por grupos, previa cita nas dependencias municipais.
En liñas xerais, "Mulleres galegas na historia" presenta dez paneis que amosa as biografías e imaxes de dezasete mulleres fundamentais na historia de Galicia en diferentes eidos como a cultura, arte ou política. Deste xeito, a través da mostra preténdese poñer en valor ás mulleres invisibilizadas polo patriarcado que dedicaron a súa vida para o impulso cultural e o progreso social de Galicia.
Máis polo miúdo, na mostra cobrarán protagonismo a soldadeira María Balteira; a nobre Inés de Castro; a líder rebelde María Castaña; as heroínas María Pita e María Soliña; as escritoras, xornalistas e activistas feministas Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán; a escritora Filomena Dato; a bailarina Bella Otero; a mestra e pedagoga Ernestina Otero; a feminista e activista comunista Enriqueta Otero; as pintoras Maruja Mallo, María Antonia Dans e Julia Minguillón; a actriz de cine e teatro María Casares; a escritora e tradutora Xela Arias e a poetisa e escritora Rosalía de Castro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.