Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de febrero de 2020

OS ALUMNOS DO CABANILLAS QUEDAN SEN EXCURSIÓN E SIN OS CARTOS PAGADOS



O medo á expansión do coronavirus chegou a moitos colexios e institutos para exporse a cancelación da viaxe de fin de curso con destino a Italia. No peor dos casos, cando a saída estaba plantexada a curto prazo, foi incluso cancelada. Así o decidiron os pais dos alumnos do Instituto Ramón Cabanillas de Cambados, cuxos alumnos de primeiro curso de Bacharelato ían viaxar a Italia, cunha primeira parada en Milán e seguir por Florencia en duas semanas. Unha viaxe que aínda non foi finalmente cancelada a expensas de que se poidan recuperar os cartos adiantados. En principio nunha reunión celebrada este xoves os pais son partidarios de que os seus fillos non fagan esa viaxe. Malia todo agardan que desde a Xunta ou o Governo da Nación fagan un movemento para recuperar os cartos. A intención é seguir coas recomendacións das autoridades sanitarias, que desaconsellan viaxar ás zonas onde se focalizaron os novos brotes de coronavirus. Lembremos que en Italia, ata este mércores morreron 12 persoas con coronavirus e hai máis de 300 contaxiados. A pesar das recomendacións das autoridades sanitarias, o seguro non reembolsa o diñeiro a non ser que pechen as fronteiras italianas. Cabe lembrar que esta semana Bruxelas pediu aos países socios a non pechar fronteiras de forma unilateral. Un usuario de twitter comentaba que o IES do seu fillo cancelou a viaxe de fin de curso a Italia, "prefiro perder 460 euros que perder unha filla". Sanidade eleva o risco de contaxio do coronavirus en España a "moderado" ante os novos positivos A Consellería de Educación nun mail remitido aos centros de ensino de Galicia quixo "non prohibiu as viaxes pero recomenda aos centros educativos non realizalos ás rexións afectadas do norte de Italia" algo que desde a Organización Mundial da Saúde xa explicaron hai uns días.
Na mesma liña pronunciáronse este mércores a Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnado ( Ceapa), que se limita a remitir ás familias para seguir as recomendacións das autoridades sanitarias, igual que a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas ( CRUE) e o Servizo Español para a Internacionalización da Educación ( Sepie), dependente do Ministerio de Universidades. A presidenta da Ceapa, Leticia Cardenal, recoñece non obstante que este tema "está a crear moita incerteza e sobre todo medo".
O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, declarou este mércores en rolda de prensa que "se pode expor a repatriación dos estudantes que estean en zonas de corentena" que, lembrou, son só once municipios do norte de Italia. O resto do país adoptou medidas de precaución e pódese continuar coa vida normal. "As razóns para volver a España poden ser de saúde pública ou persoais. A comunicade educativa terá que recomendar nese sentido", dixo Simón ao lembrar que as súas competencias son de saúde pública. Podo recibir un reembolso do importe do meu billete se o cancelo polo brote de coronavirus? Segundo as cifras que manexa Aseproce, máis de 100.000 estudantes españois viaxan ao estranxeiro ao ano, e o 80% deles son menores de idade. "O 99% dos programas son a destinos de fala inglesa como Irlanda, Reino Unido, EE UU e Canadá", engaden.
Un dos problemas aos que se poden afectar os estudantes é o non poder garantir a volta no caso de que algún deles tivese febre antes de coller o voo. quedarían todos alí en corentena, A estas alturas a posibilidade de optar por atrasalo ata ver que pasa ou unha alternativa a outro país é impensable.
A vicepresidenta da Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV) e da patronal europea ECTAA, Eva Blasco, asegurou que non se están rexistrando cancelacións de viaxes a España con motivo do coronavirus e advertiu de que o medo pola epidemia non é causa de cancelación. Non se cancelan oficialmente pois agárdase que as autoridades tomen medidas máis contundentes para poder reclamar os cartos investidos ata este momento. Blasco destacou que se está xerando moita alarma social cando o índice de mortalidade do coronavirus "non é nin próximo ao do SARS" e hai epidemias de gripe con taxas de mortalidade máis altas, pero está a xerarse bastante confusión. As organizacións mundiais de Turismo (OMT) e da Saúde (OMS) pediron este mércores que a resposta do sector turístico ao brote de Covid-19 sexa "medida, coherente e proporcionada" á ameaza que supón para a saúde pública. As dúas entidades advertiron de que "impoñer restricións ás viaxes máis aló diso pode promover unha interferencia innecesaria co tráfico internacional e repercutir negativamente no sector turístico", e fixeron un chamamento á responsabilidade e a coordinación.

Polo tanto mentras nin Xunta nin Governo Central prohiban as viaxes @s alumn@s do Instituto Cabanillas quedan sen excursión e sin os cartos que xa pagaron ata o día de hoxe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.