Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de febrero de 2020

CAMBADOS CELEBRA O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O Concello de Cambados organiza un acto institucional aberto ao público no que se realizara a tradicional lectura popular da obra de Rosalía na praza do Concello de Cambados ás 12:00h, á que poderán sumarse todas as persoas que o desexen.
Antes, lerase un manifesto asinado polo escritor Daniel Asorey centrado no fenómeno da emigración e do que significou para Galiza, cunha sociedade presente que segue a ter a esta muller do século XIX como un auténtico referente, porque como proclama o manifesto deste ano da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega, “é difícil imaxinarnos sen Rosalía, como é difícil alentar sen ar ou vivir sen auga”.
Coincidindo co acto institucional de celebración do 183 Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, tamén na Praza do Concello de Cambados o luns 24 de febreiro, o Obradoiro de Emprego xuvenil “Cambados Emprendedor” de animación sociocultural, van organizar un taller para nenos de 12:00 a 14:00 horas.
Rosalía e o río Sar foron os vencedores da votación en liña da Unión Astronómica Internacional para elixir o nome dunha estrela e o seu planeta, a proposta da Agrupación Astronómica da Coruña IO, motivo polo que o obradoiro para nenos vaise centrar en debuxar e pintar a súa estrela para realizar un achegamento ao mundo infantil da Nai das nosas letras. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.