Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ROSALÍA DE CASTRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ROSALÍA DE CASTRO. Mostrar todas las entradas

21 de febrero de 2020

CAMBADOS CELEBRA O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O Concello de Cambados organiza un acto institucional aberto ao público no que se realizara a tradicional lectura popular da obra de Rosalía na praza do Concello de Cambados ás 12:00h, á que poderán sumarse todas as persoas que o desexen.
Antes, lerase un manifesto asinado polo escritor Daniel Asorey centrado no fenómeno da emigración e do que significou para Galiza, cunha sociedade presente que segue a ter a esta muller do século XIX como un auténtico referente, porque como proclama o manifesto deste ano da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega, “é difícil imaxinarnos sen Rosalía, como é difícil alentar sen ar ou vivir sen auga”.
Coincidindo co acto institucional de celebración do 183 Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, tamén na Praza do Concello de Cambados o luns 24 de febreiro, o Obradoiro de Emprego xuvenil “Cambados Emprendedor” de animación sociocultural, van organizar un taller para nenos de 12:00 a 14:00 horas.
Rosalía e o río Sar foron os vencedores da votación en liña da Unión Astronómica Internacional para elixir o nome dunha estrela e o seu planeta, a proposta da Agrupación Astronómica da Coruña IO, motivo polo que o obradoiro para nenos vaise centrar en debuxar e pintar a súa estrela para realizar un achegamento ao mundo infantil da Nai das nosas letras. 


7 de octubre de 2017

ROTA LITERARIA: O VIÑO E AS LETRAS DE VALLE-INCLÁN, ROSALÍA E CABANILLAS










O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na inauguración das xornadas “Rota literaria: o viño e as letras de Valle-Inclán, Rosalía e Cabanillas” organizadas polo Concello de Portas e pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
No acto inaugural, Valentín García destacou a importancia deste tipo de eventos que combinan a literatura co patrimonio natural ou gastronómico “para achegar os creadores galegos e a lingua na que escribiron Rosalía e Curros ao alumnado universitario e ao público en xeral”.
Na inauguración deste encontro participaron tamén Víctor Estévez Casal, alcalde de Portas; Rocío Martínez Santos, responsable de actividades culturais da UNED; Beatriz Rodríguez López, directora do Centro Asociado á UNED en Pontevedra, e María Troncoso Abalo, coordinadora da Aula Universitaria de Portas.

Rosalía, Cabanillas, Valle-Inclán


As xornadas literarias que hoxe se inauguraron prolongaranse ata mañá, 8 de outubro, na Aula Universitaria de Portas e a súa contorna. Ábrense cunha “Rota guiada polas sendas de Domingo Fontán” a cargo de membros da fundación que leva o nome do ilustre cartógrafo e continúan con conferencias arredor da relación entre o viño e a obra literaria de Valle-Inclán, Rosalía de Castro e Ramón Cabanillas. Un recital poético-musical de composicións dos mencionados autores e visitas a viñedos e adegas completan o programa.




17 de enero de 2014

OS TEXTOS AUTÓGRAFOS DE ROSALÍA XA ESTÁN NA R.A.G.




A descuberta destes novos textos, a cargo dos profesores Henrique Monteagudo e María Xesús Lama, consiste nun poema manuscrito inédito en galego da súa primeira etapa poética, e en varias pezas manuscritas en castelán dos seus últimos anos.


Xa se poden consultar na web da Real Academia Galega os manuscritos inéditos de Rosalía de Castro presentados este xoves.

Son textos autógrafos, escritos por ela mesma, e os investigadores defenden a súa importancia: din que botan luz sobre os comezos da súa carreira poética en galego e sobre os últimos pasos da súa obra en castelán. De feito, os escritos en castelán revelan que a autora traballaba nun novo libro nos últimos meses da súa vida. A propia Rosalía déixanos o título nun deses pregos: "Postrimerías". Consciente, din os estudosos, de que sería o derradeiro. Tamén ela mesma dá conta de que se trataba dun proxecto novo, porque no encabezado -a carón do título- escribe "Rosalía. Del tomo inédito".


Máis información na R.A.G.