Samuel Lago concelleiro de obras e servizos do concello de Cambados, mantivo unha reunión de traballo no día de onte, na que estiveron os arquitectos da sociedade estatal de infraestruturas e equipamentos, acompañados da alcaldesa Fátima Abal e varios mandos da Garda Civil, para informar das actuacións que en breve van realizar, para comezar a construción do que será a nova Casa cuartel de Cambados.
Nesta reunión os técnicos transmitiron os pasos para seguir, pasos que van consistir en dúas fases, sendo unha primeira fase a total demolición da antiga Casa Cuartel, para acto seguido comezar co proxecto do que será unhas novas instalacións que contase con 2 bloques un no que se albergarán as oficinas e outro bloque de vivendas, unha obra máis que necesaria, que se viña demandando ao longo dos anos, e que no mandato de Fátima Abal como alcaldesa conseguira unha axuda a través da Deputación de Pontevedra de aproximadamente 180.000 euros para un reacondicionamento das instalación, pero cando as obras ían dar comezo, decatáronse que o edificio estaba en peores condicións das que se pensaba, e como di Samuel Lago “puxémonos en contacto co ministerio a través da Subdelegación do Goberno impulsando a creación dun totalmente novo, que en breve será unha realidade”.
Samuel Lago no seu pouco tempo como concelleiro de obras e servizos, tivo o cuartel da Garda Civil como unha prioridade de execución, xa que había moitos concellos solicitados en que a Casa Cuartel fose para as súas localidades.
Lago é coñecedor que dispoñer dun servizo tan importante como o da Garda Civil é fundamental, non soamente para a seguridade e a orde, senón como garantía de progreso do concello, porque ao confiar o Estado en Cambados para a súa localización dános a entender que, Cambados ten un futuro prometedor, “conservando este servizo no concello, os nosos veciños e veciñas non terán que desprazarse fóra de Cambados para realizar os seus trámites, achegando os máximos servizos posibles a todos.”
O máis complicado segundo Samuel Lago, non foi as longas xornadas de negociacións, nin en ter que competir para a súa localización con concellos lindeiros, nin tan sequera o papelorio e a burocracia, senón que unha vez conseguido o obxectivo, tívose que recolocar este servizo da Garda Civil, nunhas instalacións municipais mentres derruban o edificio antigo e constrúense as novas instalación, e que como todos os veciños saben, agora atópase momentaneamente no edificio da Mercé, por todo isto pide desculpas polas incomodidades que poida ocasionar esta decisión tanto aos axentes como aos veciños e veciñas, e agradece o apoio de todos e espera que no mínimo tempo posible póidase gozar dunhas novas instalacións como se merece Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.