Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de diciembre de 2019

PORTOS CULPA AOS VECIÑOS DE DENUNCIAR OS USOS DO SALÓN PEÑA


Aclaran desde o ente dependiente da Xunta que, «durante este ano tiveron entrada en Portos de Galicia varias denuncias de particulares alegando que se estaban a realizar no salón actividades non autorizadas no título concesional e non acordes á Lei de Portos. É dicir, actividades de interese social non vinculadas coa actividade portuaria nin de promoción desta».
Ou sexa que Portos leva 8 anos sin enterarse que na nave de Peña se teñen celebrado actos de todo tipo e case todos pouco relacionados co mar e a pesca.
Once anos de total inutilidade por parte deste ente que so se entera cando ten que cobrar.

 
Eses veciños tan responsables e tan amigos de facer cumprir as normas estiveron durante 8 anos calados? Acordoulles agora que no Salón Peña se teñen celebrado desde mitins, festivais benéficos e escolares, desfiles, festas para recadar fondos e ata todo tipo de eventos imposibles de celebrar no exterior por mor das inclemencias meterolóxicas?

Portos require ao Concello en xuño, que «a posible prórroga da concesión estaría completamente condicionada ao estrito cumprimento das condicións de outorgamento da concesión».



Pero Portos insiste, no mes de setembro, o Concello solicita a prórroga e en octubre Portos «requírelle, entre outros aspectos, un escrito no que aclaren os usos que se están a desenvolver na concesión». O Concello remite unha  resposta, e non concreta cales son as actividades posto que non se establece un calendario fixo. Nese calendario poderíanse dar datas ou eventos sen ter a certeza de celebrarse no Salón. O Concello depende da climatoloxía para celebrar alí actos de nadal, entroido ou outros. Fixos so serían o Túnel do Viño en agosto e o Mercado das Flores nas datas de defuntos. Poderíase incluír o desfile anual de Zona Centro pero ao non depender do Concello non é seguro que se celebre.


Nese mes de outubro Portos recibe unha nova denuncia dun particular sobre actividades non autorizadas na concesión (por esas datas celebrouse o Mercado das Flores por 5ª vez) o ente autonómico comproba que se continúan realizando eventos non autorizados

Próximamente celebrarase alí a misa funeral do cabodano do falecemento dos mariñeiros do "Sin Querer 2", denunciarán estes veciños tamén este acto?

E así chegamos a reunión do pasado xoves, en Santiago, e desde Portos « lle trasladan aos representantes do Concello que a única solución posible para encaixar os usos actuais da concesión consiste en actualizar a Delimitación de Espazos Portuarios ( DEUP)». Desde o departamento autonómico comprometéronse a tramitala canto antes, «e unha vez modificada, o Concello de Cambados deberá solicitar unha nova concesión».

Non se entende que sí a petición de prórroga está feita desde setembro digan que son eles (Portos) quenes teñen que actualizar a DEUP e aínda non comezaran a tramitala, retrasando todo o proceso meses de forma innecesaria.
Mentres tanto, «e co ánimo de manter a ocupación dás instalacións e permitir que continúen dando servizo á cidadanía, Portos de Galicia propón ao concello que solicite unha autorización temporal e que defina de xeito detallado as actividades previstas dentro do marco lexislativo actual».
Porque non se dixo esto desde o primeiro momento? Están a facer con esto o mesmo que coa Plaza de Abastos?

Xa son demasiados os atrancos que a Xunta está a poñer para que Cambados mellore e teña o que por poboación merece. Están a demostrar que a gran parte dos problemas que hai na nosa vila se orixinan polo maltrato sistemático que confiren a Cambados e por extensión aos cambadeses e cambadesas.

Non dan dixerido que en Cambados xa non governa o PP?





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.