Dúas persoas resultaron feridas despois de colidir dous turismos fronto-lateralmente que circulaban pola N-640, punto quilométrico 236.900, á altura de Rubiáns, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Debido ao impacto, foi preciso interromper a circulación neste tramo da estrada, en ambos os dous sentidos.
A esta hora, o tráfico xa quedou totalmente restablecido. Así o confirmaban os efectivos de Protección Civil de Vilagarcía ao 112 Galicia.
Faltaban dez minutos para as 10:00 horas desta mañá, cando o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galcia-061 chamou ao 112 Galicia para informar dun accidente, nesa vía, con feridos. Indicaban que unha ambulancia xa se dirixía cara o lugar.
Así, con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Tamén foron informados os Bombeiros de Vilagarcía e os efectivos de Protección Civil. Ademais, solicitaron a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se ocupou da limpeza da vía.
Os dous feridos, foron evacuados e trasladados polos profesionais sanitarios ata o Hospital do Salnés.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.