Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de julio de 2019

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "HABITAR O LABIRINTO" DE ANTÓN PATIÑO




O vindeiro venres terá lugar a inauguración da exposición "Habitar o Labirinto", de Antón Patiño,  ás 21:00 no Espazo de Exposicións Torrado.

Reside dende a súa nenez en Vigo, onde seu pai, libreiro, sempre estivo moi vencellado a artistas, especialmente Urbano Lugrís, ó que Patiño viu traballar e do que escoitou consellos. Tivo unha rigorosa formación académica, da que non se adoita falar, como tampouco da súa vida persoal. Está casado coa pintora Menchu Lamas. 
Empezou a expoñer nos anos setenta e desde aquela a súa obra percorre España, Europa e América, tanto en mostras individuais coma en colectivas. En 1980 integrou a exposición "15 artistas de Bellas Artes", inicio dunha carreira fulgurante posto que a crítica máis esixente nacional o ensalzou como un dos novos valores de interese internacional. Integrouse no movemento renovador "Atlántica", desde o seu comezo, en 1980. A súa obra exhibiuse desde Lisboa a Xapón e foi obxecto xa dalgunhas mostras senlleiras, coma a que se celebrou na Coruña en 1990. 
O seu nome resulta imprescindible nas mostras de vangarda que con carácter oficial se organizan en Galicia para que o mundo coñeza a nova plástica, por suposto totalmente allea a calquera folclorismo identificativo deste país. Está representado no Museo Español de Arte Contemporánea e nos de Vigo, Navarra, e Vitoria, así como en institucións oficiais, académicas e empresas de España, Alemaña, Suíza e mais Estados Unidos. Cunha paleta moi sobria, constrúe os seus cadros en dúas cores dominantes e ás veces únicas, ben sexan terra e negro, ben sexan carmín e verde ou violeta e gris. Iniciouse nun negro expresionismo sinóptico, evolucionado cara ó grafismo idealizado, de ampla carga abstractiva. 
Inscribe nas súas pinturas determinadas simboloxías aparentes, con aspecto de contratipos gráficos ou de pegadas ocasionais nun espacio indeterminable e neutro. Naturalmente, a de Patiño é unha pintura informalista, cunha forte carga intelectual, que pode chegar á división do cadro en dúas metades, unha por completo neutro, se ben con insinuacións de texturas, e outra na que inscribe siluetas, ideacións, trazas de cousas, animais, mobles ou figuras repetidas, coma en caprichosos exercicios tipográficos. Ó fin e ó cabo queda elementalizado, sen concesións á apariencia de beleza. Pintura "pobre", moi razoada, con materia gorda ou moi delgada, con fortes contrastes e un cromatismo, como dicimos, severo, neutro ou deliberadamente acedo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.