“DESENVOLVEMENTO DE BOLSAS DE SOLO PREVISTAS NAS NN.SS. PARA O CRECEMENTO DO NÚCLEO URBANO”
O BNG, de cara ó vindeiro mandato, propón iniciar a redacción dun PXOM que serva como modelo urbanístico do Concello para o novo goberno municipal. Esta proposta ata o de agora non foi viable pois existen diferenzas insalvables de criterio urbanístico, con outros grupos políticos que puxeron como condición para o pacto de goberno actual impedir a proposta histórica do BNG de peonalizar a Praza de Fefiñáns. Polo tanto con estas diferenzas de criterio non se daban as condicións axeitas para elaborar un PXOM común a todos os membros do actual goberno. En calquera caso o BNG propón de cara o vindeiro mandato iniciar a elaboración dun PXOM que defina un novo e futuro concello, así como as súas posibilidades de crecemento, a localización das futuras infraestruturas municipais, as vías de comunicación, cunha imprescindible circunvalación desde a ponte de Castrelo á rotonda de Vilariño, etc.
Aínda así, como estamos a falar dun documento complexo e que a súa elaboración adoita alongarse máis de 4 anos, a nosa proposta é que paralelamente á redacción dun novo PXOM, o próximo goberno municipal inicie o desenvolvemento urbanístico de determinadas áreas de Solo Urbano non Consolidade e Solo Urbanizable.
Trátase de poñer en marcha o desenvolvemento daquelas áreas de crecemento previstas no planeamento dende hai 25 anos e que fracasaron por deixalas exclusivamente nas mans da iniciativa privada (Solo Urbano non Consolidado e Solo Urbanizable). O BNG considera que o concello debe tomar a iniciativa urbanística e desenvolver as zonas máis urxentes dende o punto de vista do interese público. Este desenvolvemento terá como contrapartida a cesión ó concello dos correspondentes terreos de aproveitamento urbanístico que poderían ser utilizados para a creación de diferentes tipos de infraestruturas municipais (vivendas sociais, edificios culturais, instalacións deportivas …).
Así que o BNG propón actuar urbanisticamente a dous niveis:
En áreas de SOLO URBANO NON CONSOLIDADO. (solo urbano sen servizos)
UNIDADES DE XESTION PENDENTES DE DESENVOLVEMENTO: precisan dun estudio de detalle para ordenar edificación, unha reparcelación para reparto de cargas (vantaxe municipal: coas correspondentes cesións para terreo de uso público) e finalmente a urbanización. Entre elas estarían:
- UG4 - RÚA SEVILLA .- terreo entre a RÚA SEVILLA e a MERCED
- UG6 - RÚA PACHECA. – terreo entre a AVDA DA PASTORA – HORTA DE POMARES
- UG8 - COLEXIO STO TOME.- HORTA DO CURA, entre os OLMOS e o CAMIÑO DA GRENLA
- UG10 - VARIANTE DE FEFIÑÁNS – terreo detrás do Bosque do PAZO DE FEFIÑÁNS
En áreas de SOLO URBANIZABLE. (antes nas NN. SS. aparecía como SOLO APTO PARA A URBANIZACIÓN “S.A.U”): estes terreos precisan dun Plan Parcial para ordenar a edificación, unha reparcelación para reparto de cargas (vantaxe municipal: coas correspondentes cesións para terreo de uso público) e finalmente a urbanización.
- S.A.U. A1. – URBANIZACIÓN DO CRUCEIRO – ZONA VARIANTE DE FEFIÑANS (podería desenvolverse por partes)
- S.A.U. A2. – AVDA. DA POSTORA – RÚA OS OLMOS – ZONA CAMPO VERDE
- S.A.U. A3. – BREIXIÑO – STO TOME.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.