Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
18 de mayo de 2019
O CLUB PIRAGÜISMO CAMBADOS LÉVASE A VICTORIA EN VILAGARCÍA
O peirao de pasaxeiros de Vilagarcía de Arousa acolleu na tarde de onte a 3º regata da liga galega de kaiak de mar da tempada. O evento organizado polo Club Depornautic Arousa contaba coa participación de 17 equipos e máis de 200 deportistas. Ás 17:00 horas daba comezo a competición coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coa modalidades SUP e populares. A clasificación xeral do trofeo tivo como gañador ao Club Piragüismo Cambados, mentres que a segunda posición foi para o Club Piragüismo Olívico e o terceiro posto levoullo o Club Kaiak Vigo
A nivel individual destaca a vitoria en K1 Senior Sprinter de Artur Pereira, o segundo en entrar en meta foi Miguel Pérez (Piragüismo Cambados) e a terceira praza obtívoa Daniel García (Náutico Cobres). En mulleres as tres primeiras clasificadas foron Verónica Carrera (Piragüismo Olívico), Clara Torres (Piragüismo Cambados) e Mercedes Covelo (Kaiak Vigo). Na modalidade K2 Sprinter Senior o podio completárono a parella do Piragüismo Illa de Arousa Andro Durán e Samuel Viana, segundos chegaron Juan García xunto a Jorge Calvo (Piragüismo Cambados) e terceiros chegaron Celestino Rodríguez con Ramón Pérez (Piragüismo Rianxo). A clasificación feminina encabezárona as deportistas do Piragüismo Illa de Arousa Gloria Silva formando parella con Noemi Ponce, mentres que segundas e terceiras clasificáronse Paula Pérez xunto a Iria Amoedo e Jennifer Fernández con Ana Ferreira do Kaiak Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.