Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
17 de mayo de 2019
SOMOS CAMBADOS PROPÓN O ABARATAMENTO DO RECIBO DO LIXO E UNHA NOVA BOLSA DE ESTACIONAMENTO GRATUITO NA ZONA DA RÚA NOVA
- Somos Cambados está a reunirse cos distintos colectivos sociais para atender as súas demandas. Unha representación de Somos Cambados, encabezada por Tino Cordal, candidato á alcaldía, e Xurxo Charlín, número dous da lista e concelleiro de Promoción Económica e Comercio, reuníronse coa asociación Zona Centro para expoñer as propostas desta candidatura veciñal. Entre as iniciativas que Somos Cambados propón para o próximo mandato destaca o abaratamento do recibo do lixo para comerciantes e hostaleiros, acompañado dunha mellora da eficiencia no servizo de recollida, facendo una recollida no propio establecemento para os locais de hostalaría e produtores singulares, e así evitar que se colapsen no verán os contenedores en zonas turísticas como Fefiñans, e que estes sexan destinados unicamente para o uso dos veciños. Ademais tamén os comerciantes de Cambados valoraron moi positivamente a creación dunha nova bolsa de estacionamento gratuíto nas inmediacións da rúa Nova para facilitar as compras nos comercios e locais de hostalería no casco urbano. Outras das propostas, e que tiveron unha acollida moi favorable entre os comerciantes, é a implantación dun servizo de transporte gratuíto entre as parroquias e o casco urbano a través da rede de taxistas, e que facilitará aos veciños das parroquias as compras no centro da vila; ou o traslado do mercado para o casco histórico, que ademais de dinamizar unha zona con pouca actividade económica deixará libres arredor de 150 prazas de aparcamento en pleno casco urbano os días de maior actividade comercial (mércores e sábados). Somos Cambados realizará unha forte aposta pola formación de autónomos e comerciantes para mellorar as súas ventas; ademais, a candidatura encabezada por Tino Cordal propón intensificar as campañas de promoción do comercio local no Nadal, e continuar coa convocatoria de axudas a emprendedores, iniciativa que supuxo que por primeira vez o concello de Cambados subvencionase aos mozos que crearan a súa propia empresa. Somos Cambados impulsará as campañas de sensibilización entre toda a poboación para animar a comprar no comercio local, se ben como novidade propón a realización de charlas nos colexios e nos institutos para concienciar aos mozos de Cambados da importancia de dinamizar o comercio local. A esta reunión tamén asistiron a empresaria e terceira na candidatura de Somos, Carol Aragunde, e o tamén candidato, Fernando Patricio Rey.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.