Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de febrero de 2019

"MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO" NO CABANILLAS

O IES Ramón Cabanillas de Cambados acolle este mércores unha nova acción de "Mulleres en acción. Violencia Zero" coa artista Cristina Balboa

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asistirá á oitava actuación deste programa, que busca visibilizar e concienciar sobre a lacra da violencia machista
O IES Ramón Cabanillas de Cambados acollerá este mércores 20 de febreiro, ás 12:50 h, a oitava acción artística da cuarta edición do programa da Deputación de Pontevedra "Mulleres en Acción. Violencia Zero". Ao acto, que terá como protagonista á artista cambadesa Cristina Balboa, asistirá a presidenta provincial, Carmela Silva, e maila deputada de Igualdade, Isaura Abelairas. "Mulleres en Acción. Violencia Zero" é unha iniciativa promovida pola institución provincial que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o traballo de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade.

A intervención artística nesta ocasión correrá a cargo da cambadesa Cristina Balboa cunha peza titulada "O que segue". Trátase dunha performance na que reflexiona sobre as dicotomías que viven as mulleres, "pretendendo ser unha peza alucinante, un bo espectáculo, que o ves e flipas por cores", segundo a artista. Durante a acción vai contrapoñendo as imaxes de éxito e positivas que viven as mulleres cos aspectos máis negativos que sofren.

Este ano 2019 "Mulleres en Acción. Violencia Zero" volve reunir o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta cuarta edición comezou en novembro de 2018 e novamente se celebra en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Ponteareas, Salceda de Caselas, Vilaboa, Mos, Ponte Caldelas, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Barro, Lalín, O Grove, Silleda, Tomiño, Poio, As Neves, Illa de Arousa, Baiona, Cangas, A Guarda, Forcarei, Gondomar, Cuntis, Meis e Nigrán).




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.