Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de noviembre de 2018

FERIDO O CONDUTOR DUN CAMIÓN DE LIXO QUE ENVORCOU EN CAMBADOS


O condutor dun camión de lixo resultou ferido esta noite en Cambados despois de que o vehículo no que circulaba envorcase na VG-4.3, á altura de Corvillón. Segundo puido saber o 112 Galicia, o home tivo que ser trasladado a un centro médico polos efectivos sanitarios.
Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente ás 3:10 horas.
A partir de aí, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Salnés, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Cambados e ao servizo de mantemento da estrada.
Unha vez no lugar do sinistro, os Bombeiros de Ribadumia confirmaron ao 112 Galicia que o condutor saíra polo seu propio pé do camión, polo que descartaron empregar o material de excarceración para liberalo.
O carril da estrada en dirección a Vilagarcía permaneceu cortado ata pasadas as 7:30 da mañán.
Sase a circunstancia que días pasados outro camión do lixo, neste caso de Vilanova tamén envorcara nesa mesma vía nun tramo de saída que discurre polo término municipal de Vilanova.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.