Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de noviembre de 2018

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS ENTIDADES DEPORTIVAS, CULTURAIS E FESTIVAS DO CONCELLO DE CAMBADOS


O Portal de Transparencia do Concello de Cambados publica a convocatoria de axudas para as asociacións.
No apartado de asociacións benéfico-asistenciais repartiranse 27.500 euros, máis os 16.000 € que lle son outorgados de forma directa a Esperanza Salnés.
No apartado de clubs deportivos reciben a maior cantidade en concreto 72.000 euros. Mentras para os colectivos culturais repartiranse 6.200, as actividades complementarias á educación contan cunha asignación de 5.100, e as comisións de festas populares repartiranse 3.000. Repartiranse tamén 6.700 euros para as entidades que realicen actividades vinculadas ao lecer e o tempo libre.

As presente convocatoria remitirase á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto.
As entidades interesadas poderán solicita-las subvencións no prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.
Así mesmo, a presente convocatoria será obxecto de publicación no Portal de Transparencia do Concello de Cambados



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.