Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de noviembre de 2018

AS CONFRARÍAS GALEGAS ELIXEN O PRESIDENTE DA GALEGA


A xunta xeral da Federación Galega de Confrarías de Pescadores reunirase mañá sábado para elixir os seus presidente e vicepresidentes, de acordo coa normativa sobre elección dos órganos de goberno desta entidade. Farano a partir das 10:30 horas na sede da federación, situada no Milladoiro, no concello de Ames.
Os candidatos a presidente presentarán no mesmo acto as súas candidaturas ante a xunta xeral e disporán dun tempo para a súa defensa. Presentadas estas, iniciarase o proceso de votación que será único, persoal, directo e segredo.
Nunha segunda votación, a xunta xeral da Federación elixirá de entre os membros do seu comité executivo os vicepresidentes primeiro e segundo, seguindo os criterios de paridade e representación territorial establecidos nos seus estatutos.
A continuación, e de acordo co calendario electoral, o vindeiro 25 de novembro darase inicio ao prazo de presentación de recursos sobre a elección dos órganos de goberno da Federación ante a Xunta Electoral, que finalizará o día 27 de novembro.
O 3 de decembro rematará o prazo para a resolución de recursos sobre a elección dos órganos de goberno e ao día seguinte farase a súa proclamación definitiva. Unha vez completados os correspondentes prazos de presentación e resolución de recursos, será a toma de posesión dos órganos de goberno nos seus cargos, prevista para o 5 de decembro.
O Patrón Maior de Cambados, Perto Costa apoia para o cargo ao seu homólogo da Illa de Arousa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.