O acto de protesta terá lugar na cidade de Pontevedra as 20.00 h no encontro das rúas Daniel de Sota coa Peregrina.
O Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra convocou para este próximo mércores unha concentración de condena de todo tipo de comportamentos e ataques machistas ás mulleres, e especialmente do machismo institucional dos cargos públicos
Baixo o lema de "Machismo institucional. Nin un minuto máis", a concentración xurde en repulsa aos últimos insultos machistas do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e para reclamar o cesamento inmediato de calquera comportamento relacionado coas violencias machistas e coas distintas formas de discriminación e violencia que sufrimos as mulleres. A protesta terá lugar este mércores as 20.00 h no encontro da rúa Daniel de la Sota coa rúa Peregrina, na cidade de Pontevedra.
Esta concentración, á que se convoca a toda a cidadanía, enmárcase nas habituais convocatorias da Área de Igualdade da institución provincial, desde a chegada deste goberno á Deputación de Pontevedra, como protesta e en resposta a cada comportamento machista e de ataque ás mulleres polo feito de selo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.