Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de mayo de 2018

SAUDARTE 2018 ABRE AS SÚAS PORTAS EN CAMBADOS



O venres 4 de maio abre as súas portas Saudarte Cambados 2018. A decimoquinta edición da exposición, comisariada por Augusto Guedes, será inaugurada o venres ás 11h da mañá na Sala Exposalnés de Cambados, onde permanecerá do 4 ao 27 de maio. Asistirán ao acto numerosos artistas participantes na mostra pertencentes aos IES Francisco Asorey, IES Ramón Cabanillas e Academia de Pintura Mon Costa.
Saudarte é unha iniciativa apoiada, entre outros, polo Concello de Cambados, Consellería de Sanidade, Obra Social La Caixa e Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, buscando potenciar a realización de actividades artísticas e culturais como opcións de ocio saudable dirixidas principalmente á mocidade. A FGCN agradece que Cambados acolla unha nova edición da mostra.
Saudarte apoiase na creatividade como factor de enriquecemento persoal, unha forma de ocio intelixente que transmite valores positivos e facilita o desenvolvemento de competencias e habilidades persoais, alonxando á mocidade doutras actividades que supoñen un risco para a saúde.
Dende a organización destácase que para moitos dos artistas Saudarte é a primeira oportunidade de expoñer nunha sala de prestixio, o que sen dúbida constitúe unha motivación engadida para participar. Pola propia filosofía da mostra, as obras non están á venda porque, segundo os organizadores, quérese fomentar o pracer da creación no caso dos artistas e do disfrute da arte para os visitantes. Arte, creatividade e ideas nunha aposta en positivo pola vida saudable que servirá tamén para admirar o talento de novos artistas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.