Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de mayo de 2018

"EQUIPO DE INVESTIGACIÓN" DE LaSEXTA ABORDA A VIDA DE TANIA VARELA



Tania Varela. 'A máis buscada', este venres en Equipo de Investigación.
¿Por que unha avogada foxe da xustiza durante cinco anos?
Vivía baixo unha identidade falsa e fora nai dunha nena. O Equipo de Investigación consigueu testemuños inéditos da contorna da fuxitiva

Hai case un mes reporteiros do programa conducido por Gloria Serra estiveron en Cambados para recabar información e tratar de facer un perfíl da avogada anterior a súa etapa como abogada de narcotraficantes.
Tania Varela, a española máis buscada, vivía desde hai un ano e medio escondida en Sitges coa súa filla á que non escolarizara. Mantén tras a súa detención que é inocente e que non coñecía nada do desembarco de cocaína polo que era buscada. Invisible durante cinco anos, Tania Varela, conseguiu ser a única muller española na lista de persoas máis buscadas pola Europol. Pero, como acaba unha moza de aspecto anxelical e familia humilde mesturada no turbio negocio das drogas? Tania nace en Cambados hai 44 anos, estuda dereito e defende a mulleres maltratadas no CIM de Cambados.

Unha moza exemplar ata que coñece David Pérez Lago, fillastro do exnarco galego Laureano Oubiña. Tania é o seu avogada pero, namóranse e ela decide cruzar a liña.
Xuntos planean o gran golpe: introducir en 2006 case dúas toneladas de droga en España. Fracasan e son detidos. Ela sae en liberdade provisional e, con David entre reixas, decide cambiar de parella. A súa nova parella é Alfoso Díaz Moñuz, avogado da mafia rusa. Pero dúralle pouco. Dous anos despois, Alfonso morre cribado a balazos por un sicario. Tania, sae nin un rasguño.
Por iso, ela foxe. Ninguén a volve a ver, non vai nin ao funeral da súa nai en Cambados, pero pon o seu nome e o da súa filla na necrolóxica.
A Europol buscáa pero ela consegue esconderse ben. Desde hai un ano vive nunha urbanización de Sitges. Mantén un perfil baixo, nin os seus veciños, nin os bares e negocios da zona recoñecen a súa foto, pero alguén dá o chivatazo. Cóllena desprevida, xogando coa súa filla nun parque infantil. Cando os Mososs van con ela a rexistrar a súa casa atópanse cun fogar humilde e descoidado, moi lonxe dos luxos de hai anos.

O venres 4, ás 22:30 horas, en laSexta




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.