Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de mayo de 2018

EN MAREA PIDE QUE SE DECLARE A CASTRELO ZONA DE EMERXENCIA TRAS SER AFECTADA POLO TEMPORAL DE MARZO






En Marea pediu hoxe no Congreso dos Deputados que se declare á parroquia de Castrelo, en Cambados, como zona afectada gravemente por unha ciclogénesis explosiva.
A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, rexistrou unha proposición non de lei para o seu debate na Comisión de Interior na que solicita que o Congreso dos Deputados inste o Goberno a que, con carácter urxente, "declare zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil á parroquia de Castrelo afectada pola ciclogénesis explosiva producida o día 23 de marzo de 2018". Ademais, a deputada recolle nesta iniciativa que se "adopte a totalidade das medidas que procedan das establecidas no artigo 24 da Lei 17/2015, do 9 de xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil" e que ademais "se concedan subvencións, como as contempladas no Real Decreto 307/2005, do 18 de marzo e demais disposicións de aplicación que se soliciten".
Entre outras, Rodríguez sinala "axudas directas que compensen os danos nos cultivos afectados, exención das cotas á Seguridade Social do Réxime Especial Agrario ou a Redución dos índices de rendemento neto no método de estimación obxectiva do IRPF e Réxime Simplificado do IVE". Pola súa banda, Somos Cambados explica que o temporal "Hugo" tivo ventos que superaron os 110 quilómetros por hora provocando moitas incidencias en toda a comarca e especialmente na parroquia cambadesa de Castrelo.
Inclusó rexistrouse un tornado que durou un segundos pero era tal a súa virulencia que máis dunha ducia de vivendas, negocios e zonas agrícolas sufriron importantes danos. Somos Cambados incide, a través dun comunicado, en que "nunha parroquia como esta pódese producir un grave prexuízo económico para os veciños e agricultores e, como consecuencia, para o resto de sectores que dependan do sector primario".




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.