Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de mayo de 2018

PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN “ 100 ANOS DE FEMINISMO PACIFISTA”



  • Fátima Abal fixo fincapé en que gracias a Cambadesas como Mari Carmen Durán, as mulleres cada vez son mais visibles no mundo
  • A exposición inaugurarase no Salón de plenos do Concello este vindeiro luns día 7 de maio, e estará para o desfrute dos veciños e veciñas e todos aqueles que queiran coñecer a historia da loita das mulleres pola Paz e a igualdade  a través de esta asociación WILPF durante os próximos 15 días.

No día de hoxe Fátima Abal, acompañada por Ana Pérez (responsable de igualdade no concello) e Mari Carmen Durán unha das fundadoras de WILPF ESPAÑA, presentaron aos medios o que vai ser unha exposición formada por 20 despregables onde se pode ver a loita realizada por grandes mulleres desde hai máis de 100 anos comezando esta loita no mes de abril de 1915 cando varias mulleres de renome da época presentáronse na Haya para reivindicar os seus dereitos e que se contase con elas para a toma de decisións importantes.
Esta asociación mantén unha loita dialéctica e sempre con respecto cun único obxectivo que non é outro que a Paz Mundial e que as mulleres formen parte do logro desta Paz mundial, e para iso solicitan o desarmamento de todos os países e que as mulleres teñan máis presenza nas decisións bélicas.
Fátima Abal tivo unhas palabras ao final do acto en agradecemento a Mari Carmen Durán por contar co concello de Cambados para que este sexa o pioneiro na provincia de Pontevedra en expoñer estes despregables, nos cales se poden observar os logros conseguidos desde entón por estas mulleres de gran coraxe e valor, e anima a que todos pasen a partir deste luns e gócena, estando segura de que moitos destes visitantes recoñecerán entre estas mulleres ás súas propias nais, irmás, tías, avoas ou simplemente as súas veciñas que tamén son heroínas xa que no día de hoxe seguen traballando sen descanso por acordar e pacificar dentro e fóra do ámbito familiar e sobre todo loitando pola igualdade dos seus dereitos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.