Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de mayo de 2018

O CLUB PIRAGÜISMO CAMBADOS GAÑA NA CASA




O conxunto arousán mostrou o seu poderío vencendo nas dúas clasificacións masculina e feminina. O peirao de Santo Tomé de Cambados acolleu na tarde de onte a 2º regata da liga galega de kaiak de mar da tempada. A competición daba comezo ás 16:00 da tarde coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coa modalidades SUP e populares.

Esta edición do Trofeo Concello de Cambados tivo como gañador ao Piragüismo Cambados (1633 puntos), a segunda posición foi para o Club Piragüismo Olívico (1094 puntos) e o terceiro posto levoulla o Club de Mar Ría de Aldán (843 puntos) O equipo anfitrión repetiría triunfo na xeral masculina con 1304 puntos, seguidos polo Club de Mar Ría de Aldán que sumou 843 puntos, terceiro con 828 puntos foi o Club Piragüismo Olívico. Mentres que a xeral feminina volveu ser o Piragüismo Cambados o vencedor con 329 puntos, seguido en segunda posición polo Piragüismo Olívico con 266 puntos e terceiro sería o Piragüismo Illa de Arousa con 140 puntos.
A nivel individual destaca a vitoria en K1 Senior Sprinter de Artur Martins (Sporting de Portugal) o segundo en entrar en meta foi Jacobo García (E. P. Cidade de Pontevedra) e a terceira praza obtívoa Miguel Pérez (Piragüismo Cambados). En mulleres as tres primeiras clasificadas foron María do Palacio (Piragüismo Olívico), Bruna Nickelle (Piragüismo Cambados) e Evangelina Vázquez (Piragüismo Cambados). Na modalidade K2 Sprinter Senior o podio completárono a parella do Club Fluvial O Barco Bernardo Sánchez e Jesús Rodríguez, segundos chegaron os irmáns Borja e Aitor López (Piragüismo Olívico) e terceiros os padeeiros do Naval de Pontevedra Xullo Fontán e Ivan Benavente.

RESULTADOS


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.