Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de mayo de 2018

O X.A.V CAMBADOS ACADA O BRONCE NO CAMPIONATO GALEGO




Este pasado domingo 29 de abril, celebrouse en Monforte o Campionato Cadete Feminino.
A competición feminina abrírona Calasancias Coruña e XAV Cambados, ás 10.00 horas no pavillón de A Pinguela.
As coruñesas dominaron con autoridade o primeiro asalto, que rematou 25 a 13 e aínda que as cambadesas reducirían distancias a partir do segundo, non conseguiron inquietar ás súas rivais, que certificaron o pase con dous marcadores idénticos, de 25 a 20.
Na segunda eliminatoria, entraba en escena o equipo anfitrión, o CV Ribeira Sacra que foi moi superior ao Kinesis Fisioterapia Oleiros neste encontro e sentenciou pola vía rápida 25 a 15, 25 a 15 e 25 a 14.
Pola tarde a medalla de bronce decidiuse nun axustado partido no que XAV Cambados e Kinesis Fisioterapia Oleiros repartiron o dominio do xogo ao longo de catro sets (25-11/22-25/20-25/25-19) ata que, tras o empate, as cambadesas dominaron a morte súbita para colgarse o bronce 15 a 4.
A gran final tamén foi igualada. O Calasancias Coruña mandou nos tramos decisivos dos dous primeiros parciais (25-22 e 25-20) para encamiñar o título, pero o Ribeira Sacra non se deu por vencido. Nun axustado pulso, as locais lograron manterse con opcións 26 a 28 ata que, no cuarto, o Calasancias botou man de todo o seu potencial para non deixar escapar a eliminatoria e facerse co título de Campión Galego 2018, 25 a 16.
A central do conxunto vencedor, Lucía Varela foi nomeada MVP do torneo e na entrega de premios estiveron presentes o alcalde de Monforte, D. José Tomé Roca, o Deputado de Deportes D. Pablo Rivera, o presidente da Federación Galega de Voleibol D. José A. Luna, e a internacional monfortina Noelia Sánchez.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.