- Alternatívate forma parte da programación que a concellería de mocidade dirixida por Miguel Pérez que pon en marcha para ofrecer alternativas de lecer á mocidade de Cambados
- Como alcaldesa de Cambados sempre entendín que había que ter unha concellería de mocidade e que esta fose unha concellería imaxinativa e para os mozos e mozas que conte con iniciativas como é o caso de Alternatívate, que estou segura será un éxito.
Onte no salón de plenos do concello de Cambados tivo lugar a presentación da programación para os próximos días de múltiples actuacións enfocadas á mocidade cun tipo de lecer que a xente nova estaba a demandar moi activamente.
O programa que presentaron a alcaldesa Fátima Abal e Miguel Pérez Osorio consta de 14 actividades, nas que buscaron a máxima variedade. Teñen un ciclo de cinema de terror, actividades que fomentan o deporte, e outras orientadas á creatividade. Desenvolveranse entre os días 13 de abril e o 24 de maio, e a entrada será totalmente gratuíta para toda as actividades, algunhas delas con inscrición previa.
Fátima Abal cre firmemente na mocidade de Cambados, e por esta causa sabe de certo que o deporte é moi importante na vida cotiá da mocidade, pero tamén é moi certo que os mozos e mozas necesitan o seu tempo de esparexemento e lecer e deixar a pasividade e peche que ofrecen as novas tecnoloxías, para saír a gozar de todo o que o noso pobo pode ofrecerlles, e por iso nace Alternatívate e segundo di a alcaldesa, “isto só é o comezo teño grandes proxectos en mente que sumados aos de Miguel Pérez farán de Cambados un referente para a diversión e lecer xuvenil na Comarca do Salnes.
As inscricións para as actividades que o precisen faranse a través do seguinte correo: alternativate@hotmail.com. O programa completo pódese consultar no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.