Volta á carga Luis Aragunde, Presidente do Partido Popular de Cambados e Deputado Provincial. Alfonso Rueda “amerizou” en Cambados fai poucas semanas e reuníuse cos “notables” do PP polo Salnés e pasou lista. A orde, taxativa: hai que recuperala Deputación de Pontevedra custe o que custe, e comigo bromas ás xustas. Este Rueda foi o Director da Campaña Eleitoral que levou por vez primeira a Alberto Núñez Feijoó contra todo pronóstico a ser investido coma Presidente da Xunta de Galicia. Non estamos a falar dun “calquera”, senon dun home que coñece coma poucos as covachuelas da política, é, digámolo así, o Conde Duque de Olivares, o brazo executor de Alberto Núñez Feijoó.
Segundo o que reflicten fontes cercanas á Rúa Castelao parou en Aragunde: “as enquisas falan de que o PP neste intre baixaría ata os 7 concelleiros en Cambados, se pode saber o que ocorre aquí, Luis” … e dixo (presuntamente) éstos do cuatripartito teñen á prensa da súa parte, non me dan cancha, tan só o Diario de Arousa se fai eco do meu traballo, cando teño cercado ao goberno local por terra, mar e aire. Rueda pensativo seica dixo “eso ten solución” e xa temos cambio na liña Editorial de dous xornais que ate o de agora deixaban a Luis nun recuncho, na columna que naide le. Agora xa temos páxinas enteiras adicadas a este pedazo de actor.
Polo tanto xa temos á primeira dos Cambadeses, Fátima Abal , cos focos enriba no seu “periplo xudicial” con Manuel Duarte, algo así valga a redundancia coma o “periplo equinocial” de Ramón Lopez de Aguirre do grande Ramón J. Sender. E tamén co famoso “affaire” Adolfo Suárez que provocou un terremoto de 5.7 graos na Escala de Richter. Os cimentos do Concello tremeron, e fontes cercanas ao Elíseo din que houbo orde de cambiar tódalas pechaduras das oficinas, orde de cambiar de despacho ao Asesor Xurídico, e orde de colocar á Secretaria no seu antigo despacho. Esta moza que ven de Terras do Deza (Lalín) é, segundo as fontes consultadas, todo un carácter coma a nosa Alcaldesa. “Eso xa tiña que estar feito” coma dicimos en Cambados: cada empregado ou político ten que tela chave da súa porta e cada quen ten que estar no seu despacho, de xeito que non haia nadie de fóra a remexer onda non debe. En calquera Empresa Privada esto funciona así. Esto é un aviso para os que falan de que a ALCALDESA NON MANDA NADA …
O CASO ADOLFO SUÁREZ
Polo visto se declarou a nulidade do proceso, co informe do Asesor Xurídico e a firma que estampou Víctor Caamaño coma Primeiro Tenente Alcalde por unha ausencia xustificada no seu posto da Alcaldesa. Eso é aproveitado por Aragunde para deixala quedar en mal lugar e coma tal xa temos a Aragunde en titulares na Voz de Galicia, o que eu chamo o “efecto Rueda”:
A Víctor Caamaño tamén lle da estopa, e eso a min me molesta especialmente. Estamos a falar dunha persona dunha INTEGRIDADE intachable. Querer botar enriba del o que foi unha decisión do Asesor Xurídico é ter mala baba, pero perde o tempo. Víctor non ten “rabo” coma falamos en GALIZA, difícil ten o lle plantar lume e desacredítalo unha vez é un home cunha Cultura e unha preparación por riba da media. Recto nas súas tarefas laborais, amigo dos seus amigos, colaborador, e unha persona excelente. Poucas veces lle ollei perder os papeis, simplemente lle presentaron un documento e asinouno como era a súa obriga.
![]() |
ARTIGO |
AS ACTAS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
![]() |
ARTIGO |
o “toque” ecoloxista de D. Luis que non é outro que …
A TALA DAS ÁRBORES DO POMBAL
Tsunami nas Redes Socais, críticas a esgallo desde as filas populares, e por último públicas desculpas do Concelleiro de Medio Ambente Víctor Caamaño. E os veciños seguimos sen entender quen leva a política de comunicación e imaxe deste goberno, seguimos sen saber quen actualiza a páxina Web, e no culmen do desatino comezan a cuestionar á libertade de expresión daqueles que pedimos explicacións. Quen vos víu e quen vos ve, señores do Goberno. Estos que falaban de escurantismo, falta de transparencia, e non sei cantas cousas máis, resulta que agora sufren o que se ven en denominar “Complexo de Deus”.
Pois a Semana Santa xa pasou e restan tres meses para que chegue o verán, algo que se lles pode facer eterno de non mudar de carácter, porén moitos veciños e veciñas de Cambados comezan a estar cansos de ter que ler de todo nos xornais e por nada bó. Son consciente das dificultades que leva aparelladas ser un cargo público, pero eso hai que pensalo antes, que se pensaban, que esto era BAMBI (…) pois coas respostas dalgunha vía FB ou Twiter da esa sensación. Hai xente que vai a montaña pensando que vai a transformala ou algo parecido pero ninguén pode facelo, é demasiado dura (a montaña é obviamente a política). Eu a verdade é que admiro a todos e cada un dos que se meten neste mundo tan ingrato.
![]() |
ARTIGO |
Apertas
Un artigo de Óscar Manuel Núñez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.