Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de abril de 2018

IV FESTIVAL SOLIDARIO A PROL GALICIAME



Esta mañán no Salón de Plenos do Concello de Cambados tivo lugar a presentación do IV Festival Solidario a prol GALICIAME que organiza o grupo Folck "Os Demos da Petaca" cunto a propia asociación de loita contra o AME.

Actuarán de forma desinteresada "Os Demos da Petaca", Matías Leiro e Bruno Canario o Grupo Añoranza e a actuación central será a cargo do grupo "SON DO SIL" que veñen desde O Barco de Valdeorras a propósito para esta ocasión tan especial. As entradas pódense comprar en Exposalnés, Taberna Mans de Gaiteiro en Ribadumia e o mesmo día ata completar aforamento no mesmo Auditorio de A Xuventude O festival será o vindeiro sábado 14 de abril ás 7 da tarde e estará presentado por Pepo suevos actor galego que agora mesmo participa na serie Fariña.


Haberá un sorteo de varios agasallos, entre outras cousas sortearase unha cristalería.
Haberá ademais una fila cero para todas aquelas persoas que non poidan asistir ou queiran facer doazóns. O número de conta bancaria da Asociación GaliciAME para facer os ingresos nesta fila cero é o seguinte: ES65 2100 5036 4601 0043 0383. Igual que nas edicións anteriores, todo o recadado será destinado para a investigación contra a AME.


Non deixes de asistir e colaborar con GALICIAME, para que sigan coa sua gran labor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.