Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de febrero de 2018

A FUNDACIÓN PLÁCIDO CASTRO E A CASA MUSEO CABANILLAS CONVOCADAS AO SEGUNDO ENCONTRO DAS CASAS MUSEO E FUNDACIÓNS DE ESCRITOR











A Casa dos Poetas de Celanova acolle unha xuntanza que se consolida como cita obrigada para fornecer accións conxuntas de colaboración
Cultura salienta a importancia destas entidades para a conservación do patrimonio cultural galego e pide a súa cooperación para a Memoria Dixital de Galicia


A Fundación Curros Enríquez convocou hoxe, sábado, na Casa dos Poetas de Celanova ás Casas Museo e Fundacións de Escritor a un encontro no que afondar no compromiso de traballar en rede, de xeito coordinado, como forma de poñer en valor a intensa actividade que realizan a prol da dinamización da cultura, sobre todo nos eidos local e rural.
Na orde do día estaban, ademais, iniciativas para a promoción conxunta das Casas Museo de Galicia e roteiros literarios e visitas teatralizadas. Este segundo encontro responde ao compromiso adquirido na primeira xuntanza, que tivo lugar no pasado mes de xuño en Ponteceso, de tirar partido dos parámetros comúns que rexen este tipo de entidades para articular iniciativas colectivas que lles dean máis visibilidade e contribúan a un aproveitamento óptimo dos recursos ao seu dispor.
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na reunión, poñendo de manifesto a vontade da consellería de Cultura e Educación de “promover e potenciar o achegamento e intercambio de experiencias entre institucións e entidades con finalidades semellantes, para impulsar os seus obxectivos fundacionais”.Memoria Dixital de Galicia
Anxo Lorenzo, que tamén formaba parte da xuntanza como representante da Fundación Pública Camilo José Cela, puxo en valor o “importante papel” destas entidades na conservación e difusión da memoria dos escritores galegos e pediu a colaboración de todas no proxecto da Memoria Dixital de Galicia. Lorenzo lembrou que se trata dunha iniciativa colectiva, ao servizo da cidadanía e baseada nas novas tecnoloxías, “para a xestión e a conservación do patrimonio bibliográfico, arquivístico e museístico galego”.
Acafme.PNG“Quérese”, segundo o responsable de Cultura, “consolidar un fondo dixitalizado do patrimonio cultural material e inmaterial galego que, ao tempo, participe na confluencia de recursos dixitais no ámbito internacional.” De aí a importancia da colaboración das Casas Museo e Fundacións de Escritor, como depositarias da súa memoria.
Anxo Lorenzo animou aos participantes no Encontro a unirse a redes e proxectos de investigación europeas, seguindo o exemplo dalgunhas entidades que participan xa de xeito activo nelas. O secretario xeral de Cultura emprazounos a seguir traballando “en equipo”, posto que “os obxectivos das entidades das que forman parte son irrenunciables e delas depende unha parte imporante do que somos como sociedade e como pobo.”

FUNDACIÓNS CONVOCADAS:
Fundación Eduardo Pondal
Fundación Emilia Pardo Bazán
Fundación Luís Seoane
Fundación W. Fernández Flórez
Fundación Camilo José Cela
Casa Museo Rosalía de Castro
Museo Valle Inclán
Fundación Castelao
Fundación Celso Emilio Ferreiro
Fundación Torrente Ballester
Casa de la Troya
Fundación Manuel María
Fundación Uxío Novoneyra
Fundación Vicente Risco
Fundación Curros Enríquez
Casa Museo Otero Pedrayo
Fundación Losada Diéguez
Fundación Insua dos Poetas
Fundación Carlos Velo
Casa Museo Ramón Cabanillas
Fundación Filgueira Valverde
Fundación Illa Couto
Fundación Penzol
Casa Museo Francisco Fernández del Riego
Fundación Neira Vilas
Casa Museo Francisco y Julio Camba
Casa Natal de Valle Inclán
Fundación Carlos Casares
Fundación Plácido Castro
Fundación López Abente
Fundación Blanco Amor






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.