Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de febrero de 2018

GRAN DESFILE DE ENTROIDO ONTE EN CAMBADOS









As carrozas tomaron ás rúas de Cambados e numeros público as beirarrúas para admirar un gran desfile.
Saíron unha hora despois do previsto, dadas as previsións do tempo que auguraban tempo seco entre as 5 e as 8 da tarde. A choiva respectou finalmente o desfile de carrozas previsto este domingo en Cambados. A persistente choiva da mañá levou ao goberno local e ao departamento de Cultura a afinar a previsión meteorolóxica, tomando en vista desta a decisión de pospoñer. O multitudinario desfile que onte pola tarde percorreu a rúas cambadesas rematou coa vitoria da carroza "Había unha vez un monte", da asociación Volandeira, polo que o primeiro premio, dotado con 500 euros. Paradóxicamente na avenida da Coruña nesta carroza declarouse un incendio nun dos xeradores. Sufocado inmediatamente por Protección Civil de Cambados e sin lamentar danos personais. O número de carrozas foi lixeiramente inferior ás 21 (22 anotadas) por 22 (24 anotadas) que participaron na cita do ano anterior. Ás participantes neste 2018 tiveron un gran nivel e aumentou o número de persoas que desfilaron, nesta clásico do Entroido cambadés. En canto aos premios, o primeiro (500 euros) foi para “Había unha vez un monte”, o segundo (400 euros) para “ Tiki Tiki Hula Hula” e o terceiro (300) para “ Gothanpa, superheroes de cómic”.

Ademais, tiveron a sua gratificación de 200€ ás carrozas e de 100€ ás maquetas pola súa participación. 

Reportaxe fotográfico da Voz de Galicia

E para hoxe......

BAILE INFANTIL E CONCURSO DE FILLOAS desde ás 17.00 h. 
No Salón de Congresos e Exposicións J. Peña, Baile de Entroido Infantil con animación a cargo de Chic e premios para os mellores disfraces individuais de 50€, parella 100€, grupo de 150€. Ditos galardóns serán cambiables en establecementos comerciais asociados a Zona Centro. Organizan, xunto co Concello, a Confraría de Pescadores San Antonio e Zona Centro. 
17.30 h. Concurso de Filloas na Sala de Degustacións do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña con premios de 100€ ás máis saborosas e 100€ ao maior número de filloas feitas en 30 minutos. O resto dos participantes recibirán unha gratificación de 60€. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.