Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de enero de 2018

A ALERTA LARANXA DE HOXE ESTÉNDESE A MAÑÁN E A TODA A COSTA GALEGA








Continúa o temporal na costa galega, que hoxe á tarde vai quedar toda baixo aviso laranxa. As previsións apuntan que a situación seguirá empeorando ao longo da semana, polo que os mariñeiros non poderán saír a pescar.
Hoxe o mal tempo deixa con aviso laranxa toda a costa da Coruña por ondas de entre 5 e 7 metros.
Esta situación permanecerá ao longo de toda a semana, xa que o tempo empeora a partir de mañá. Por un lado, no mar continúan os avisos laranxas. E polo outro, en terra haberá haberá avisos amarelos. No noroeste da Coruña por refachos de vento de ata oitenta kilometros por hora e no oeste por acumulación de precipitacións.
Ondas de cinco metros de altura e o mar batendo con forza. É a situación en todo o litoral pontevedrés, onde permanece activado o aviso amarelo. A frota permanece amarrada a porto e os mariñeiros viven outra xornada sen poder saír a pescar.

A situción complícase na costa pontevedresa de cara á tarde e activarase o aviso laranxa. As ondas acadarán os sete metros de altura. Está previsto que o aviso laranxa permaneza activado polo menos durante a xornada do xoves.
Alerta laranxa por temporal no litoral mariñao. Ante a previsión de mar de fondo con ondas de cinco a sete metros, a frota de baixura permanece amarrada en portos coma este de Burela.
A alerta por temporal esténdese ata mañá, cando se prevé que as ondas descendan a alturas de entre catro e cinco metros. As embarcacións de artes menores, principalmente á captura de polbo, son as máis afectadas. 
Por outra banda, as temperaturas rexistradas son anormalmente altas para esta época do ano, con máximas próximas aos 20 graos.

Recórdase á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.