Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de octubre de 2017

O GOBERNO PROVINCIAL APROBA O PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN DA RENOVACIÓN DA PISCINA DE CAMBADOS












A reforma do Complexo Polideportivo do Pombal de Cambados está proxectada por máis de 850.000 €


A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o procedemento de adxudicación, mediante procedemento aberto, para a contratación da execución da reforma do complexo polideportivo do Pombal de Cambados, consistente na substitución da envolvente e a actualización das instalacións da piscina climatizada da vila, por un importe de 850.999,99 €, o que suporá a completa renovación deste espazo. O proxecto de renovación está incluído no convenio asinado entre a institución provincial e o Concello de Cambados o pasado mes de marzo de 2017, cun orzamento total que ascende ata os 902.000 €, dos cales o concello achegará os 51.000 € restantes. Agora ábrese un prazo de vinte e seis días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO).
As obras incluirán a substitución da cuberta do complexo dada a deficiencia en transmitancia térmica que presenta e a actualización das instalacións de climatización do complexo deportivo. O edificio integrarase no espazo urbano lindante, mellorarase o confort térmico, unificaranse o vaso e a praia da piscina cos espazos lindeiros para mellorar a resposta funcional deste espazo e modificarase o peche para que limite a demanda enerxética que se precisa para acadar o benestar térmico.

Con esta reforma tamén se mellorará a eficiencia das novas instalacións para así cumprir coa normativa aplicable grazas á instalación de sistemas de eficiencia enerxética, que reducirán o consumo enerxético mediante o control e a regulación da temperatura, á mellora do sistema de iluminación coa integración de equipos altamente eficaces, con sistemas de control e integración de luz natural, e á mellora do sistema de xeración da auga quente sanitaria e o de quecemento da auga da piscina.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.