Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de septiembre de 2017

CORES TOURÍS VISITA AS OBRAS DE ASFALTADO DAS FOCHANCAS QUE A XUNTA RECLAMABA AO CONCELLO DE CAMBADOS








O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís comprobou esta mañá os traballos de reforzo do firme das estradas PO-300 e VG-4.2 ao seu paso polo concello de Cambados. 

Entre estes reforzos estaban as fochancas que a Xunta obrigaba a reparar ao Concello de Cambados, sendo esta estrada de titularidade autonómica.

No caso da VG 4-2. as melloras estanse a levar a cabo dende a saída 7 ata a PO-300, consistindo no fresado localizado de 5 centímetros na glorieta inicial con reposición de mestura bituminosa, mentres o retos do tramo contará cun novo fresado de tres centímetros ao ancho do carril e reposición con mestura bituminosa en quente. 


Os traballos continúan na PO-300 cun fresado localizado de cinco centímetros e reposición de firme no tramo entre o punto quilométrico 9+300, no polígono empresarial, e a glorieta situada no punto quilométrico 10+040.
“En resumen”, segundo destacou Cores Tourís, “as melloras consistiron no fresado e reposición do firme actual dado que se detectou certo deterioro no mesmo. Deste xeito, seláronse as fisuras cunha aplicación de masilla a base de betún modificado e tamén con lechada bituminosa”, explicou o delegado territorial, quen matizou que tamén se reporá a sinalización horizontal, e limparase e perfilaranse as beiras desta estrada, executaranse cunetas de seguridade e reporanse as tapas de rexistro.
Estas obras forman parte dun proxecto de reforzo do firme localizado en varias estradas: a PO-300, a PO-305, a PO-549 e PO-548, e “que teñen como obxectivo o mantemento e conservación destas vías autonómicas”.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.