Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de septiembre de 2017

SAE A LICITACIÓN O PARQUE INFANTIL DE BELECO
























Anunciase a Licitación das Obras do Parque Infantil de Beleco.
O Concello de Cambados ven de publicar na web municipal e no portal de Transparencia de Cambados, o anuncio de licitación de obras do Parque Infantil de Beleco. Con esta publicación deste anuncio de licitación pretendese reducir os custes das obras a realizar nas me ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As empresas interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 13 de outubro de 2017 (venres) en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres. As obras teñen un prezo de licitación de 35.000€ e o prazo previsto de execución é de un mes.
Vaise crear nesa praza un espazo reservado para cativas e cativos. Para iso, colocarase un peche perimetral cun valado coloreado, un chan de caucho para amortiguar posibles caídas e uns elementos de recreo, dende os máis tradicionais (columbios e múelles) ata os máis novidosos(castelo e telaraña), integrando os dous xa existentes de locomotora e vagón de tren. Ademais de seis novos elementos de recreo, instalarase tamén unha pequena pista deportiva cunha extensión de dez por cinco metros.
Este barrio de Cambados foi gañando poboación nos últimos anos grazas á construción de varios edificios de vivendas familiares nesa contorna. Precisamente, varios veciños desta zona estaban a demandar nos últimos meses a actuación do concello na praza. O concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, cre que a instalación dun parque infantil en Beleco contribuirá a mellorar as condicións de vida das familias con nenas e nenos que habitan alí.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.