A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e á deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, inauguraron a Festa do Albariño, xunto a elas, representando a Xunta a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o resto dos concelleiros do goberno local e membros da oposición, representantes do C.R. Rías Baixas, da Confraría e outras institucións locais.
Tralo Pregón do actor Matías Padín Varela, cheo de "cambadesismo" e familiar con constantes referencias ao mar, o campo e a épocas pasadas da vida do actor e de todos, a comitiva desplazouse ata o Paseo da Calzada para o corte da cinta e dar comezo oficial á LXV Festa do Albariño de Cambados que este ano goza ademais da distinción de Cidade Europea do Viño.
A Festa do Albariño só acaba de botar a andar e a xente xa está na rúa e a mostra do que nos agarda son as colas nos caixeiros de varias entidades financieiras. Desde hoxe e ata o domingo son varios os motivos polos que a actual Cidade Europea do Viño debe ser paseada. E non só falamos de destapar botellas.
Concertos nacionais e internacionais, teatro, humor, arte e actividades relacionadas co mundo do viño agardan estes 5 días aos cambadeses e visitantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.